Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de noviembre de 2017 | Leída 28 veces

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo maña na costa da Coruña

A partires das 09:00 horas de hoxe quedan suspendidas as actividades escolares ao aire libre na provincia da Coruña e na Mariña de Lugo. A Xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org...

[Img #43854]

 

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral da provincia da Coruña a partir de hoxe, e que se suma a alerta laranxa por vento que estará activa tamén a partir de mañá ás 09:00 nas provincias de Coruña e Lugo.

 

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase, a partir das 12 horas, mar combinada do oeste noroeste, con ondas entre 5 e 6 metros, que afectará ao noroeste e oeste da provincia da Coruña.

 

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.


Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.


Suspensión de actividades escolares no exterior
Así mesmo a Comisión Escolar de Alertas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria decretou a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos situados nos concellos das zonas afectadas por alerta de vento, isto é, en toda a provincia da Coruña e na Mariña de Lugo; a partires das 9,00 horas de mañá mércores. 


Diante da eventual extensión do adverso de rachas de vento, de acordo coa previsión da Aemet, prégase que os centros das zonas afectadas realicen un seguimento especial das condicións meteorolóxicas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, a dirección do centro poderá adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress