Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de noviembre de 2017 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

Dúas autoras comparten por primeira vez o Premio Torrente Ballester

As escritoras Fátima Martín Rodríguez e Ana Rivera Muñín gañan ex aequo a XXIX edición do premio…

[Img #43848]

 

As escritoras Fátima Martín Rodríguez (Santa Cruz de Tenerife, 1968) e Ana Rivera Muñiz (Pola de Lena, 1972) son as gañadorasdo XXIX Premio Torrente Ballester en lingua castelá, que por primeira vez será concedido ex aequo.

 

As obras “El ángulo de la bruma” de Fátima Martín e “Lo que callan los muertos” de Ana Rivera, acadaron un galardón que por primeira vez na súa historia será concedido de xeito compartido ante a calidade literaria de ambas as dúas novelas.

 

O xurado do certame, presidido pola vicepresidenta e responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e composto pola xefa da sección de Cultura da Deputación, Mercedes Fernández-Albalat, o escritor Xuan Bello, a escritora e xornalista June Fernández, a escritora Belén Gopegui, o xornalista Ramón Rozas e o escritor gañador da edición anterior Vicente Luís Mora, apostou por outorgar o premio a “dúas estéticas moi distintas na narración”, destacando  por unha parte  “a trama e mais o rexistro contemporáneo” de “Lo que callan los muertos” e, por outra banda “o desenvolvemento da tradición” que presenta “El ángulo de la Bruma”.

 

Neste sentido, o xurado destacou da obra de Fátima Martín “a alquimia da tradición e a súa vocación literaria a través dun pasado sabiamente construído”, ao tempo que sinalou a “naturalidade expresiva” da novela de Ana Rivera Muñíz, nunha obra que exhibe “unha linguaxe fresca e contemporánea ademais dunha grande habilidade á hora de construír espazos cotiáns”.

 

A co-gañadora do premio, Fátima Martín, naceu en Santa Cruz de Tenerife no ano 1968, e é  licenciada en Ciencias da Información e Xornalismo. Durante a súa traxectoria como escritora recibiu galardóns como o Premio Orola de Vivencias no ano 2012 coa obra “Las cicatrices de las cosas” ou o terceiro Premio do Concurso de Microcontos Ámbito Cultural no ano 2011 con “El aroma de las estrellas”. Entre os anos 2012 e 2013, a autora colaborou coa Asociación da Escola Canaria de Creación Literaria e, na actualidade, é membro do colectivo literario La Pluma Esbrujula.

 

Pola súa parte, a escritora asturiana, Ana Rivera Muñiz, é unha autora novel que desenvolveu a súa carreira profesional nas directivas de empresas multinacionais, comezando a formarse con posterioridade na Escola de Escritores. Entre os recoñecementos acadados por Rivera, destacan o Premio Nacional Infantil de Contos en 1980, cando tan só contaba con 8 anos de idade, o Premio Xuvenil de Poesía de Asturias en 1986, ademais ser finalista do Premio Fernando Lara na edición do vixente ano.

 

Neste XXIX Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá, participaron un total de 411 obras inéditas, elaboradas por autores de máis de 18 países.

 

O xurado recomenda tamén a publicación da obra “Huír no significa nada” da que é autor o escritor Xavier Ballester Fábregues.

 

Dotado cun galardón de 25.000 e a edición do exemplar gañador, o Premio de narrativa Torrente Ballester naceu no ano 1989 co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade fabuladora e a creatividade que caracteriza as nosas escritoras e escritores, xunto coa vontade de homenaxear o ferrolán Gonzalo Torrente Ballester.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress