Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 22 de noviembre de 2017 | Leída 13 veces
psoe

Moción que presenta o grupo municipal socialista con motivo día internacional contra a violencia de xénero

Un ano máis, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, desde o Grupo Socialista queremos manifestar o noso máis firme compromiso coas mulleres vítimas da violencia de xénero. Un compromiso activo día a día, porque para erradicar a violencia requírese o compromiso individual e colectivo durante todos os días do ano...

A loita contra a violencia que se exerce cara ás mulleres, debe ser unha prioridade que nos obriga a toda a sociedade no seu conxunto. Unha obrigación que lle corresponde en primeira instancia aos gobernos e administracións no marco das súas correspondentes competencias.

 

A violencia de xénero afunde as súas raíces na histórica desigualdade que tiveron e aínda seguen tendo as mulleres, como consecuencia do patriarcado existente nas nosas sociedades, por iso é fundamental abordar a súa erradicación  desde as políticas de igualdade, desde o feminismo, para favorecer unha  cultura da igualdade fronte a unha cultura da submisión.

 

No noso país dispomos dun marco lexislativo a través da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, tamén de leis autonómicas na maioría das Comunidades Autónomas e recentemente foi aprobado polo Congreso dos Deputados o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

 

Para contribuír a erradicar a violencia de xénero precísanse  medidas  políticas e institucionais  desde os diferentes ámbitos que aborden o problema de maneira integral e sexan capaces de dar resposta ás  necesidades específicas das mulleres vítimas  e ás das súas fillas e fillos.

 

Non se poderá avanzar na erradicación da violencia e na atención específica ás mulleres,   se non se establecen os mecanismos de coordinación necesarios entre as diferentes administracións e institucións   con responsabilidade   na materia, pero tampouco se poderá seguir avanzando se non se dotan ás distintas administracións dos recursos económicos e de persoal especializado adecuados. 

 

Na resposta  integral,  as administracións locais son unha peza crave e xogan un papel   fundamental. Os Concellos pola súa propia definición como institución máis próxima á cidadanía e ás necesidades sociais, supoñen o primeiro estamento na prevención así como na atención a través de información, asesoramento, protección e acompañamento ás  mulleres vítimas e ás súas fillas e fillos.

 

É imprescindible dotar de novo  aos Concellos das súas competencias en materia de igualdade. É necesario e imprescindible contar coas estruturas municipais e a súa implicación na loita contra a violencia de xénero, e para iso é fundamental dotarlles de recursos adecuados.

 

Neste sentido, convén sinalar o aprobado no pacto de estado contra a violencia, con respecto aos Concellos e á función que deben desempeñar.

 

Por todo iso, desde o Grupo Municipal Socialista, propomos para a súa aprobación polo Pleno os seguintes ACORDOS:

 

1.- Instar o Goberno de España, a que inicie os trámites  para as  modificacións lexislativas necesarias,  ao obxecto de devolución das competencias ás entidades locais no exercicio das políticas de igualdade e contra a violencia de xénero.

 

2.- Instar o Goberno de España, o cumprimento do compromiso económico acordado no pacto de estado contra a violencia de xénero,  ao obxecto de destinar vía transferencia aos Concellos, un incremento anual de 20 millóns de euros durante os próximos 5 exercicios, para o desenvolvemento das medidas correspondentes contempladas no devandito Pacto.

 

3.- Dar traslado da Moción e a súa aprobación ao Presidente do Goberno, a Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, ao Ministro de Facenda e Función Pública, así como ao Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress