Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 21 de noviembre de 2017 | Leída 21 veces

O alcalde felicitou a Félix Bértoa Pombo polo seu 100 aniversario

Veciño natural de O Pazo (Soandres) e residente no Igrexario de Erboedo. No Concello da Laracha dez persoas superan os cen anos de idade: oito mulleres e dous varóns...

[Img #43841]

 

O señor Félix Bértoa Pombo celebrou nesta pasada fin de semana o seu 100 aniversario que cumprira hai agora unha semana, o día 13 de novembro. José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, felicitouno persoalmente e obsequiouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal. A concelleira Patricia Bello e o cura párroco de Erboedo, Don Manuel Mallo, tamén saudaron ao novo centenario larachés e aos seus familiares nesta sinalada data.

 

Félix Bértoa Pombo é natural de O Pazo, na parroquia de Soandres, e reside desde hai anos no Igrexario de Erboedo. Ten dúas fillas (Visitación e Rita), un fillo (Pedro), seis netos e oito bisnetos.

 

Neste século de vida foi combatente na Guerra Civil española, traballou moitos anos como labrego e gandeiro, foi practicante e tamén menciñeiro de animais. Unha das súas grandes paixóns sempre foron os cabalos.

 

No Concello da Laracha residen dez persoas que superan os cen anos de vida, das cales oito son mulleres e dous son homes. Por tanto, Félix Bértoa é o segundo varón de maior idade do municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress