Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 19 de noviembre de 2017 | Leída 11 veces

O Concello da Laracha conmemora o 25 de novembro desenvolvendo unha ampla programación municipal

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Inclúense obradoiros nos centros educativos, programación específica na aula lúdica, obra de teatro e mesa informativa. A Festa da Igualdade do próximo xoves será o evento de referencia...

En conmemoración do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres que se celebrará o sábado 25 de novembro, o Concello da Laracha iniciou o desenvolvemento dun amplo programa de eventos, obradoiros e actividades relacionado con esta temática coa finalidade de mostrar a súa sensibilización con esta lacra social e concienciar a toda a poboación, especialmente aos estudantes, para evitar que poidan xurdir este tipo de condutas e que, no caso que se detecten, sexan denunciadas de xeito inmediato.

 

Co propósito de chegar a todos os sectores sociais e grupos de idade, empregaranse diversas metodoloxías nas accións programadas. Ademais de obradoiros de prevención da violencia nos centros educativos e a terceira edición da Festa da Igualdade, escenificarase unha obra teatral de temática feminista, haberá programación específica na aula lúdica e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) realizará unha campaña informativa.

 

Así, o xoves da próxima semana (día 23 de novembro) o Concello da Laracha organizará e desenvolverá por terceiro ano a Festa da Igualdade, na que participarán os 186 alumnos de 5º e 6º de primaria dos CEIP de Caión, Otero Pedrayo da Laracha e Alfredo Brañas de Paiosaco. O evento, que se levará a cabo no pavillón do CEIP Otero Pedrayo, prolongarase durante toda a mañá e entre as diversas probas e actividades a realizar nesta xornada lúdica de convivencia haberá xogos cooperativos centrados na prevención da violencia, a xestión das emocións, os bos tratos, a igualdade de oportunidades e a educación en corresponsabilidade.

 

Tamén a aula lúdica municipal está a realizar unha programación específica con propostas relacionadas coa igualdade, o respecto ás mulleres e a educación en corresponsabilidade. Baixo o título Quéreme ben, desde o pasado luns e ata o venres da próxima semana están a realizarse diversos xogos, obradoiros, actividades e sesións de contacontos sobre esas temáticas, todos adaptados ás idades dos usuarios deste servizo, que son nenos de entre 3 e 12 anos de idade.

 

No marco do programa Venres Teatrais, o 24 de novembro escenificarase na Casa da Cultura a obra Pementeiras, da compañía Xoré Teatro, onde se narra unha historia de empoderamento feminino protagonizada por dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social na que están inmersas

 

Por outra banda, xunto ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha –edificio para usos administrativos- foi instalada unha mesa informativa sobre violencia de xénero, explicando que é, como detectala, onde dirixirse no caso de producirse e os dereitos das vítimas.

 

Salientar tamén que o Concello da Laracha xa comezou a desenvolver nos centros de ensino os obradoiros de promoción da igualdade, nos que se abordan temáticas previamente consensuadas coas direccións dos centros educativos. Antes das vacacións de Nadal completaranse todas as sesións previstas nos colexios cos alumnos de 5º e 6º de primaria. A partir de xaneiro esta iniciativa levarase a cabo cos estudantes de secundaria do IES Agra de Leborís.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress