Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 18 de noviembre de 2017 | Leída 93 veces

O concello de Arteixo organiza un programa de actos co motivo do día contra a violencia de xénero

O Centro de Información as Mulleres de Arteixo tratou este ano 2017 a 35 mulleres vítimas da violencia de xénero, casos no que tamén estaban implicados 53 nenos…

[Img #43818]

 

Co gallo da conmemoración do día contra a violencia de xénero (o próximo 25 de novembro), a concellería de Servizos Sociais que dirixe Inés Ramos organizou un programa de actos durante o mes de novembro e que están dirixidos especialmente a xuventude como forma de previr esta lacra social dende mozos. A lista de actos son os seguintes:

 

 

  • Sábado 18 de novembro Autodefensa para mulleres. De 10:00 a 14:00 y de 16:00 a 20:00. Pazo de deportes.
  • Venres 24 de novembro Presentación do libro “Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo”. As 18:00 no centro cívico cultural de Arteixo. Estará o autor Pepe Carreira firmando exemplares. Antes (17:00 horas) haberá un pasarrúas dos Bolechas polo núcleo de Arteixo.
  • Sábado 25 de novembro na ría do Burgo Andaina contra a violencia de xénero.

 

Estadística sobre a violencia de xénero en Arteixo

O número de persoas atendidas no CIM de Arteixo cunha problemática de violencia de xénero no que vai de ano ascende a 35 mulleres. No ano 2016 o número de vítimas foi de 41 casos. Nestes 35 casos houbo implicados 53 menores.

 

Se sumamos o número de persoas atendidas por violencia no CIM desde a posta en marcha do servizo, no ano 2004, o número elévase a 609 mulleres.

 

No que vai de ano 2017, das 35 mulleres atendidas por primeira vez, 13 delas non presentaron denuncia. 

 

Agora mesmo en Arteixo hai once mulleres dentro do programa Atempro, onde as mulleres que participan levan un xeolocalizador que é un dispositivo de alarma no caso de que as mulleres o necesiten. Arteixo tamén ofrece as vítimas de xénero un programa de coordinación laboral no que están participando 16 mulleres. O concello de Arteixo tamén impulsa unha mesa de coordinación policial na que se establecen os diversos grados de risco que teñen as distintas vítimas de violencia de xénero e se establece o correspondente grado de vixilancia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress