Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 18 de noviembre de 2017 | Leída 12 veces

O programa municipal de actividades culturais e deportivas xa conta con máis de mil persoas inscritas

Os primeiros cursos comezaron a impartirse en outubro. En ximnasia de mantemento hai 196 participantes nas nove parroquias onde se está a realizar. A cota de inscrición é reducida e presenta descontos para varios colectivos...

O programa municipal de actividades culturais e deportivas de inverno volve presentar un ano máis un rotundo éxito de participación, o mellor indicativo da boa valoración por parte dos veciños do Concello da Laracha. Apenas un mes o despois do inicio dos primeiros cursos, xa son máis de mil persoas as que están inscritas e participando nas diferentes propostas que xa están en marcha.

 

Do mesmo xeito que sucedeu en anos anteriores, os cursos de ximnasia de mantemento son os que está a presentar un maior volume de asistentes. O Concello da Laracha, mostrando o seu interese por descentralizar as proposta aproveitando a existencia de centros socioculturais no rural, ofertouno nas trece parroquias e estase a impartir nas nove onde se alcanzou a cifra mínima de inscritos, sumando un total de 196 participantes. As outras actividades máis multitudinarias –alcanzando o centenar de asistentes- son zumba, zumba kids (para nenos), aeróbic, pilates e as escolas municipais de patinaxe.

 

Para o público infantil tamén están en marcha disciplinas como o fútbol sala, baloncesto informática, manualidades e pintura ao óleo, teatro e xadrez. Para as actividades que comezan en xaneiro xa están todas as prazas cubertas en robótica e programación, pequecociña e tiro con arco. Aínda quedan dispoñibles en parkour e tamén nos cursos de pádel que principian en abril.

 

En canto ao público adulto, as outras actividades que xa se están impartindo son iniciación á informática, encaixe de palillos, ioga, labores de tecido, manualidades e pintura ao óleo, memoria e alfabetización e restauración e tapizaría. En xaneiro iniciarase o curso de bailes latinos e os obradoiros de reciclaxe (elaboración de mobles con palés, caixas, etc.) e risoterapia. En febreiro comezarán as dúas quendas de iniciación a internet (abriuse un novo grupo ao completarse o cupo do primeiro) e de manexo do paquete informático Office. A partir de marzo haberá aquagym, arte floral, cociña e obradoiro de repostaría. Por último, en abril ofértanse cursos de iniciación e avanzados de pádel.

 

A inscrición permanece aberta en todas as propostas nas que non está cuberto o cupo máximo. A cota de inscrición é de 20 euros para toda a duración da actividade, presentando descontos para maiores de 65 anos de idade, menores de 18, familias numerosas e aquelas familias nas que todos os seus membros se atopan en situación de desemprego. Tamén hai reducións no prezo a partir da segunda actividade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress