Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 18 de noviembre de 2017 | Leída 13 veces

En marcha as obras de ampliación da calzada entre o Maseo e o cruce de A Fraga

Na parroquia de Coiro. Actúase na ampliación da calzada neste tramo da estrada municipal que comunica Paiosaco con Vista Alegre. O proxecto está valorado en 32.000 e será financiado con fondos municipais...

[Img #43817]

 

O Concello da Laracha iniciou a execución do proxecto de ampliación da calzada desde O Maseo ata o cruce de A Fraga, nunhas obras que afectan á parroquia de Coiro. Trátase dun tramo de 317 metros de lonxitude da estrada municipal que comunica Paiosaco con Vista Alegre na que o goberno local está apostando por realizar sucesivas melloras -en varias fases- ao presentar un considerable aumento no volume de tráfico nos últimos anos por ser unha vía que ofrece un cómodo acceso cara a terceira rolda da Coruña e ao aeroporto de Alvedro a través da AC-523.

 

Este proxecto contempla a ampliación da plataforma ata os oito metros en toda a distancia do treito, que ata o de agora presentaba unha anchura variable de entre catro e sete metros. Por tanto, en determinados puntos a estrada será o dobre de espazosa, o que facilitará notablemente a circulación dos vehículos e reforzará a seguridade viaria.

 

Esta é unha das actuacións aprobada no Pleno extraordinario celebrado a semana pasada para ser financiada con cargo ao remanente e superávit do exercicio económico do curso anterior. Os 32.000 euros de investimento proceden integramente de fondos propio municipais.

 

Na sesión plenaria o alcalde, José Manuel López Varela, agradecera a cesión por parte dos propietarios dos terreos afectados polo proxecto, o que permitiu acurtar prazos e facilitou en gran medida o desenvolvemento das obras.

 

Ademais deste tramo entre O Maseo e o cruce de A Fraga, o Concello da Laracha acometeu recentemente unha actuación de similares características entre O Areal e O Maseo, noutro treito da citada vía municipal Paiosaco-Vista Alegre.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress