Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 17 de noviembre de 2017 | Leída 11 veces

A Xunta organiza as xornadas de prevención e sensibilización da violencia sexual na mocidade nos sete campus galegos

As Xornadas están dirixidas aos adolescentes e universitarios como colectivo especialmente vulnerable fronte a este tipo de violencia.

[Img #43816]

 

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu onte pola maña á inauguración das Xornadas de sensibilización e prevención da Violencia sexual na mocidade, que o Goberno galego organiza nos sete campus galegos, en colaboración coas Unidades de Igualdade das tres Universidades galegas.

 

Susana López Abella indicou que a violencia sexual, os abusos e o acoso sexual está tipificado na Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero como formas de violencia de xénero.

 

O obxectivo das Xornadas é previr futuros casos de violencia de xénero a través da formación en igualdade dos mozos e mozas galegos, un aspecto que o Goberno galego considera fundamental xa que os adolescentes resultan ser un colectivo especialmente vulnerable fronte a este tipo de violencia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress