Larpeiradas de Nadal: aprendizaxe de receitas navideñas para a rapazada arteixá...
O Nadal é unha das festividades máis bonitas e entrañables que hai no ano e os seus doces, como o turrón e o mazapán nunca faltan nas comidas e ceas familiares. Por iso, as larpeiradas deste ano, serán elaboradas polos máis cativos da casa nunha actividade totalmente coeducativa e lúdica. Toda unha serie de receitas que farán as delicias de toda a familia.
A actividade, promovida pola Concellaría de Cultura e Festas e totalmente gratuíta, terá lugar os días 26, 27, 28 e 29 de decembro ás 17:00 h no Centro Sociocultural de Meicende e está dirixida á rapazada entre 7 e 12 anos. As persoas interesadas en participar terán de prazo para inscribirse até o 15 de decembro no CCC de Arteixo. No caso de que as inscricións superen o número de prazas (20 como máximo) realizarase un sorteo o 20 de decembro ás 12:00 h.