Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 17 de noviembre de 2017 | Leída 9 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña xunta oito das grandes voces de mulleres en “Hemisferios”

O espectáculo terá lugar o vindeiro día 24 no Teatro Colón…

[Img #43809]

 

Oito grandes voces de mulleres xuntaranse o vindeiro día 24 no Teatro Colón no espectáculo “Hemisferios”. Pilocha, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Uxía Sonia Lebedynski, Belén Tajes, Carmen Rey e Alba Rodríguez subirán ao escenario nunha iniciativa da área de Cultura da Deputación da Coruña que dirixe Goretti Sanmartín.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e a cantante e coordinadora do espectáculo, Alba María, presentaron en roda de prensa “Hemisferio”, o espectáculo que naceu a raíz dunha canción composta pola propia música e interpretada por oito mulleres para o pasado 8 de marzo.

 

“O resultado foi tan extraordinario que decidimos que daquela canción tiña que nacer un espectáculo en que participaran estas oito grandes voces da nosa música”, sinalou Goretti Sanmartín que convidou á poboación a participar neste proxecto pioneiro que xuntará voces de distintas xeracións na véspera do Día Internacional contra a Violencia Machista.

 

“O proxecto “Hemisferios” naceu arredor do 8 de marzo como unha canción reivindicativa sobre os dereitos das mulleres e a necesidade de avanzar no feminismo”, explicou Goretti Sanmartín do tema musical que daquela compuxera Alba María e que se convertera nun videoclip en que participaran as oito mulleres que forman parte agora do espectáculo.

 

“Son oito voces das máis recoñecidas cantoras de diferentes estilos, modalidades e idades que representan as mulleres creadoras no campo da música. É un espectáculo que representa  as mulleres creadoras no campo da música”, explicou a responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña que destacou a “singularidade” de xuntar nun mesmo espectáculo a Pilocha, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Uxía Sonia Lebedynski, Belén Tajes, Carmen Rey e Alba Rodríguez.

 

A gala estará conducida pola cantante, compositora e improvisadora Alba María que é tamén a autora da canción co mesmo nome. “A unión destas mulleres deume a idea de titular “Hemisferios”, dúas partes que se unen na mesma luz. Está a idea de igualdade, comuñón co resto das mulleres que forman este mundo e defende a idea das mulleres como poderosas, donas de si mesmas e conscientes da súa posición no mundo”, anotou Alba María na súa intervención en que definiu “Hemisferios” como a “canción e a gala da sorodidade”.

 

A gala terá lugar o vindeiro día 24 de novembro ás 20.30 horas no Teatro Colón e está deseñada pola directora e dramaturga Cristina Domínguez e será conducida pola cantante, compositora e improvisadora Alba María.

 

A iniciativa enmárcase na liña de traballo da área de Cultura de promocionar a cultura creada por mulleres na que se atopan iniciativas como o recén presentado concurso de proxectos Luísa Villalta ou o premio de iniciativas culturais pola igualdade Begoña Caamaño que este ano se fallou por vez primeira.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress