Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 16 de noviembre de 2017 | Leída 29 veces

O concello de Arteixo aproba a concesión de 531 axudas escolares para comedor e material escolar

As axudas o comedor oscilan entre o 20% e o 100% do pago do gasto de comedor en función da renta e as axudas de material escolar oscilan entre 90 e 150 euros, tamén segundo a renta do solicitan. As familias cobrarán as axudas en decembro…

[Img #43795]

 

O Concello de Arteixo aprobou o pago das axudas ao estudo para o curso 2017/2018. Son as correspondentes as liñas 1 (axudas para comedor) e liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico). En total foron concedidas 290 becas para comedor e 246 para material escolar. O concello adica a este fin un total de 223.675 euros, que se pagarán as familias no mes de decembro. Os destinatarios destas axudas son:

 

  • Axudas para o comedor: alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal.
  • Axudas para adquisición de libros e material didáctico: alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos.

 

O concello de Arteixo aumentou o número de axudas destinadas a sufragar os gastos de comedor nos centros escolares., posto que a oano pasado foran 256 e este ano ascenderon a 290.

 

Todas estas axudas siguen uns baremos marcados según a renta dos interesados, que poderán verse compensados económicamente desde un prezo de cero euros –en caso da axuda máxima no comedor, por exemplo- ata diferentes porcentaxes que irán desde o 20% ata o 100% aproximadamente do prezo destes servizos. Os interesados poderán recibir información no departamento de educación municipal. Todas estas axudas están pensadas para todos os nenos que estexan empadronados no concello de Arteixo.

 

Posteriormente a súa tramitación os interesados poderán comenzar a cobrar as axudas o mes próximo. Máis adiante concederanse tamén axudas o transporte dos estudantes de ensinanza secundaria ou universitaria que se vexan obrigados a desplazarse fora do concello. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress