Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 14 de noviembre de 2017 | Leída 20 veces

Preto de 40 concellos da provincia da Coruña contarán con novos contedores de envases e papel-cartón para mellorar a reciclaxe

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, presentaron os colectores e unha campaña de fomento da separación. O parque coruñés contará con máis de 17.100 colectores, logo do aumento en 674 de envases lixeiros e 250 de papel-cartón, un 6%e un 5% máis respectivamente...

[Img #43776]

 

Preto de 40 concellos da provincia están a recibir este días novos contedores de envases (amarelo) e papel-cartón (azul), co fin de incrementar as súas taxas de reciclaxe. Así o deu a coñecer o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, que onte pola mañá presentou en Padrón, xunto co alcalde, Antonio Fernández Angueira, unha serie de actividades que se están a levar a cabo na Comunidade galega no marco do convenio de colaboración entre a Xunta e Ecoembes co fin de fomentar a reciclaxe.

 

Para esta iniciativa, Ecoembes e a Xunta destinan máis de 336.000 euros, reafirmando o compromiso de ambos os organismos pola reciclaxe e polo apoio ás entidades locais. Na súa intervención, Ovidio Rodeiro lembrou que o parque coruñés conta con 11.436 colectores de envases lixeiros e 4.759 de papel-cartón, que se ven agora incrementados en 924 unidades, das cales 674 serán de envases lixeiros e 250 de papel-cartón, incrementando nun 6% e un 5% respectivamente o parque de colectores amarelos e azuis.

 

O delegado territorial salientou que “no conxunto da Comunidade esta liña de actuación conta cun orzamento de 700.000 euros e completará a actual rede de colectores, con máis de 30.000 de envases lixeiros e máis de 12.000 de papel-cartón”. Rodeiro adiantou que outra das medidas que se levará a cabo será o proxecto Horeca, unha iniciativa para fomentar que os negocios de hostalería, restauración e catering realicen unha separación de envases en orixe. Así mesmo, desenrolarase unha campaña para o fomento da reciclaxe en feiras, feiróns e eventos gastroculturais por un importe de 300.000 euros e que se prolongará ata o vindeiro ano. O principal obxectivo desta acción é realizar un labor de concienciación e información para fomentar entre a cidadanía unha correcta reciclaxe dos envases.

 

Ovidio Rodeiro engadiu que “esta cultura de fomento da reciclaxe tamén se se implantará naqueles lugares nos que compre ser máis coidadosos: os parques naturais”. Promoverase a colocación, ou no seu caso a substitución, de carteis e distintivos nas Fragas do Eume, unha iniciativa que comezará de xeito inmediato e que será realizada por unha empresa de inserción social.

 

O delegado lembrou que ademais das medidas e iniciativas tamén se melloran as instalacións, e puxo como exemplo a obra que incrementará os coeficientes de reciclaxe e rendemento da planta de tratamento de Nostián, en Cerceda, como mínimo nun 15% respecto das cotas actuais. A Comisión de seguimento do convenio marco entre Ecoembes e a Xunta aprobou os investimentos e a memoria técnica da obra por un importe de 600.000 euros.

 

Galicia está dando pasos avanzados e importantes para implantar dun xeito real e efectivo a economía circular, que terá unha cita decisiva a finais deste mes de novembro coa celebración do Congreso de Economía Circular dirixido ao sector empresarial. Neste encontro presentarse o traballo que está a realizar a Xunta nesta materia mediante a posta en marcha da estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050.

 

Trátase de fixar as liñas de actuación a longo prazo na loita contra o cambio climático; a elaboración da Estratexia galega de Sustentabilidade Ambiental, centrada en crear unha economía eficiencia, sostible e baixa en emisión de carbono, e, en terceiro lugar, a Estratexia galega de Economía circular cuxo obxectivo é impulsar un consumo informado e responsable e abandonar o caduco sistema lineal de fabricar-usar-tirar a través do máximo aproveitamento dos recursos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress