Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 11 de noviembre de 2017 | Leída 231 veces

Magosto no CEIP de Galán

Onte venres 10 de novembro celebrouse o magosto no CEIP de Galán, na parroquia de Oseiro...

[Img #43743]

 

Nesta xornada festiva realizáronse diferentes actividades de xogos tradicionais galegos nos que participou a totalidade do alumnado de infantil e primaria, case cincocentos alumnos e alumnas, que pasaron unha mañá alegre e colaborativa.

 

Xogos adaptados á idade e ás características de cada grupo: Baile de carozo, Sopra-castaña, Fai e desfai, Castañas ao fondo... e todas as actividades monitorizadas polo alumnado de 6º de Primaria baixo a atenta supervisión do profesorado de educación Física, Irene e Paco.

 

Este ano contamos coa colaboración de dous expertos asadores de castañas, Sergio e Gonzalo, que amosaron a súa profesionalidade coa grella do seu carriño e diante da curiosidade do alumnado entre o que repartiron un total de 50 quilos de castañas, todas elas apañadas nos soutos de Verín, en Ourense.

 

Os recipientes utilizados e elaborados polo alumnado ou as familias para o reparto das castañas, normalmente cartóns de leite, superan ano a ano a orixinalidade e a calidade no seu deseño e acabado.

 

E para animar aínda máis o Magosto tampouco faltou a música tradicional galega a cargo das Pandereiteiras de Galán, un conxunto de alumnas do colexio, de todos os niveis educativos, que interpretaron parte do seu amplo repertorio.

 

Este ano, como novidade, a ANPA “Manuel Murguía” deste centro escolar tamén vai organizar o seu magosto, ao que están convidados pais, nais e alumnado. Esta festa celebrarase no colexio o vindeiro venres, 17 de novembro, a partires das 4 da tarde.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress