Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de octubre de 2017 | Leída 11 veces

O Concello desenvolve un programa xuvenil centrado na conservación e posta en valor do medio ambiente

Desde hoxe e ata o sábado unha quincena de mozos participarán nunha estadía en Cabeza de Manzaneda. As actividades a desenvolver inciden no compoñente educativo e formativo. Será financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado...

O Concello da Laracha e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, -dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia- desenvolverán desde hoxe xoves e ata o sábado a iniciativa local dirixida á xuventude consistente nunha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda durante a que os quince mozos participantes conxugarán actividades de concienciación e conservación da natureza con outras de coñecemento e disfrute do medio, ademais de realizar dinámicas de difusión da lingua galega e ser formados no emprego das redes sociais e na creación de blogs.

 

O programa denomínase “A riqueza da natureza: hábitos saudables e compromiso da xuventude co medio ambiente e o patrimonio cultural e natural”. Centrarase na promoción dos hábitos de vida saudables e no compromiso da mocidade co medio ambiente, o patrimonio cultural e natural e o desenvolvemento económico e social respectuoso.

 

Co desenvolvemento desta iniciativa o Concello da Laracha e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretenden varios obxectivos diferentes e complementarios. Por unha banda, favorecerase a inclusión social dos mozos e promoverase a creación de espazos para a comunicación e as novas tecnoloxías. Por outro lado fomentarase a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, xa que as experiencias e o contacto directo cos profesionais poderían servir de semente para trasladar futuras propostas ao Concello da Laracha sobre a dinamización do medio rural e dos recursos naturais existentes no termo municipal.

 

Todas as actividades incluídas no programa inciden no compoñente educativo en áreas relacionadas co medio ambiente e as características que definen a flora e a fauna galegas, tendo en conta afondar naqueles aspectos que xeren maior interese dentro do grupo, xa que a clave é a motivación e a participación.

 

Este programa vai dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos de idade. Todos os gastos -aloxamento, manutención, transporte e actividades- son asumidos polos organizadores –Concello da Laracha e Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado-, polo que é totalmente gratuíto para os participantes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress