Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de octubre de 2017 | Leída 9 veces
cambre

Cambre programa diversos actos culturais con motivo do descubrimento de América

Faladoiros, obradoiros de baile, cine e cociña, protagonistas nestes días...

A Concellería de Cultura ofrece unha  viaxe cultural entre o 11 e o 15 de outubro chea de preguntas e algunhas respostas que sirva para reflexionar sobre a realidade do continente americano e a súa relación histórica con Galicia. Para iso programa desde o día de onte ata o domingo 15 de outubro una serie de actividades relacionadas coa colonización americana.

 

Destaca o faladoiro deste mesmo mércores día 11 ás 20.30 horas en Villa Concepción “De que falamos cando falamos de colonización”, de María Pilar Cagiao Vila, profesora María Pilar Cagiao Vila que é Titular de Historia de América na Universidade de Santiago de Compostela e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas “Gumersindo Busto

 

O xoves 12, día festivo ás 18:00 h, no Centro Socio Cultural do Temple, os membros da ONG Mestura achegarán una clase de danza folclórica e ao baile tradicional venezolano. Actividade para público infantil e familiar.

 

O venres día 13 ás 21:00 h na Casa da Cultura - Vila Concepción, terá lugar a proxeción do docuemental de Carlos de Vilanova sobre a orixe galega de Cristobal Colón “Colón galego”.

 

O sábado 14 ás 18:00 h no Centro Sociocultural do Graxal dentro do XIII Festival Internacional de Títeres do Consorcio das Mariñas actuará o grupo arxentino “El Colectivo” presenta a súa obra “El Viento” para maiores de 8 anos.

 

E xa o domingo día 15 ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural da Barcala, o chef Diego Pita realizará un showcooking para xente adulta sobre a cociña tradicional americana.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress