Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de octubre de 2017 | Leída 9 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña aposta pola programación familiar co ciclo “As matinais do Colón”

Coa obra Xurdefet da compañía Berrobambán iníciase o domingo día 15 un ciclo que presta especial atención ao público infantil cun programa de música, monicreques ou teatro de compañías galegas...

[Img #43438]O vindeiro domingo 15 de outubro ás 12.00 horas dará comezo unha das máis fortes apostas da área de Cultura da Deputación da Coruña para o Teatro Colón: As matinais, un ciclo que incluirá teatro, música ou monicreques para todos os públicos os domingos pola mañá.

 

O ciclo ofrecerá espectáculos gratuitos dirixidos a cativos co fin de, segundo as palabras da vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, "contribuír a crear novos públicos para o teatro, un dos obxectivos que debe cumprir un centro como este".

 

A través de diferentes espectáculos de música, monicreques, teatro e outras formas de expresión artística, con compañías de primeiro nivel do sector, o Teatro Colón ofrecerá de forma gratuíta programación escénica e musical galega, dirixida de maneira especial ao público infantil.

 

ciclo programará espectáculos como a obra de teatro Xurdefet de Berrobambán (15 outubro), no que nenas e nenos aprenderán que calquera día é bo para unha festa e continuará con Aire, de María Fumaça (22 outubro), un musical que nos invita a entrar nun mundo rico, imaxinativo e diferente. Xa en novembro, Animais de compañía (5 novembro), a exitosa comedia musical de Teatro del Noroeste chegará ao escenario do Teatro Colón para darlle paso o 19 de novembro a Gallaecia Gallaeciños con quen gozaremos da Historia do Jazz dun xeito entretido e participativo. No último mes do ano, os monicreques da Xanela do Maxín nas Aventuras de Gale (3 decembro) conducirán ás nenas e nenos a través da historia do galego e pechará o ciclo O Camiño dos Paxaros (10 decembro) o novo proxecto musical de Magín Blanco, baseado na evolución dun personaxe que debe afrontar a dureza da vida para conseguir a felicidade.

 

Todos os espectáculos son gratuítos e as entradas pódense recoller na billeteira do Teatro Colón. Os horarios de apertura están dispoñibles en www.teatrocolon.es/entradas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress