Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 12 de octubre de 2017 | Leída 12 veces
cambre

Más de 150 asociacións veciñais, comercios e institucións públicas tinguiranse de negro contra a violencia de xénero

A Concellería de Igualdade súmase aos case 60 concellos galegos que formarán parte dunha campaña contra a violencia de xénero…

[Img #43436]

 

Más de 150 asociacións veciñais, comercios e institucións públicas participarán na campaña “En negro contra as violencias” contra a violencia de xénero da que xa forman  parte 56 concellos de toda Galicia e dúas Deputacións. Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, do 23 ao 26 de novembro queremos tinguir de negro os nosos municipios.

 

Segundo concelleira de Igualdade, María Jesús Gómez, adherirse á campaña “é unha boa maneira de concentrar as forzas para a loita contra a violencia polo que pide a colaboración das entidades veciñais, empresariais, comercios, club deportivos e veciñanza en xeral para acadar o maior impacto posible”.

 

O obxectivo é  sensibilizar á poboación sobre as violencias machistas e entendemos que traballando do mesmo xeito en toda Galicia conseguiremos unificar a imaxe de repulsa e darlle maior visibilidade.

    

O Concello de Cambre financiará a impresión de materiais de sensibilización (lonas, cartaces e camisetas) e os distribuirá por aquelas asociacións, comercios, institucións e entidades do concello que se adhiran á campaña. Nesta campaña tamén colabora a Deputación da Coruña coa distribución de material aos concellos participantes.

 

Quen se adhira terá que enviar cuberto o boletín de inscrición ao enderezo igualdade@cambre.org ou entregalo no departamento de Servizos Sociais na rúa río Barcés nº 6 baixo (Urbanización A Barcala).

 

Quen se anime a participar tan so deberá mostrar os materiais durante a semana do 23 ao 26 de novembro de 2017 e aproveitando calquera actividade propia e sacar unha foto coas participantes vestidas de negro (ou coa camiseta da campaña) e subíla ás redes sociais (facebook, twitter ou instagram) cos hashtag #EnNegroContraAsViolencias, #Cambreennegro ou enviala ao seguinte enderezo de correo electrónico igualdade@cambre.org. O obxecto desta campaña trasmedia e que teña a maior difusión entre a sociedade.   

  

Para máis información poden chamar ao 981 654 812 ou escribir a través da conta de correo  igualdade@cambre.org

 

Os estabelecementos comerciais, institucións e a cidadanía en xeral vestiremos de negro en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias.

 

Co lema “Queremos vivir libres de violencias machistas” poderán colgar a súa propia imaxe coa vestimenta negra, a do comercio ou da asociación utilizando nas redes sociais Twitter, Facebook ou Instagram as etiquetas:

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress