Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de octubre de 2017 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

Alcaldes e técnicos dos concellos coruñeses formaranse na Deputación sobre cómo concorrer a fondos europeos

O prazo de inscrición para a xornada “Europa na Provincia da Coruña” segue aberto ata o día 16. Técnicos da Comisión Europea explicarán cómo acceder a fondos para proxectos destinados a fomentar a economía circular e a enfrontar o reto demográfico…

Alcaldes, concelleiros e técnicos municipais dos concellos coruñeses participarán na actividade “Europa na Provincia da Coruña”, que terá lugar os vindeiros 18 e 19 de outubro na sede da Deputación.

 

Trátase da terceira edición deste encontro organizado por Europe Direct A Coruña, centro oficial de información da Comisión Europea situado na Deputación, que pretende formar aos responsables de entidades locais para coñecer os programas de financiamento europeo nos ámbitos da economía circular e o reto demográfico, e preparar proxectos con garantías de éxito.

 

Nas xornadas participarán membros das Direccións Xerais de Medio Ambiente e Política Rexional da Comisión Europea que explicarán que é a economía circular e cales son os fondos europeos destinados ao seu financiamento e, particularmente, as ferramentas de financiamento europeo para Galicia. A aplicación práctica da economía circular coñecerémola a través das boas prácticas desenvolvidas polos Concellos de Vitoria-Gastéiz, Gijón e da zona de Serra de Barbanza e empresas punteiras como Ecocelta. A Rede Europea de Áreas Escasamente Poboadas do Sur de Europa daranos a coñecer, no ámbito do reto demográfico, as súas medidas para afrontar o envellecemento e a escasa densidade de poboación nos concellos europeos e coñeceremos exemplos de boas prácticas desenvolvidas en Aragón pola Asociación para o Desenvolvemento do Maestrazgo e a Confederación Empresarial Turolense. Todo este programa complétase con ampla información para que os concellos interesados participen no programa PICE, destinado a formar, cualificar e inserir a mozos entre 16 e 29 anos no marco das axudas de Garantía Xuvenil do Fondo Social Europeo.

 

20 concellos xa inscritos e prazo aberto ata o día 16

Ata o día de hoxe xa confirmaron a súa presenza representantes dos concellos da Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Aranga, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Camariñas, Cambre, Coristanco, Culleredo, Dodro, Ferrol, Miño, Muxía, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne e Porto do Son. Tamén asistirán membros doutras entidades como as Universidades da Coruña (UDC) e de Santiago de Compostela (USC).

 

O prazo de inscrición segue aberto ata o día 16, ás 14:00 horas, para os membros das entidades locais interesadas en concorrer a fondos europeos relacionados coa economía circular, o reto demográfico e o Fondo Social Europeo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress