Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de octubre de 2017 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

O fotógrafo Xoán Crespo gaña o Premio Ksado da Deputación da Coruña cunha serie sobre o entroido

O xurado destaca a “orixinalidade” da proposta que se impuxo a 95 coleccións fotográficas...

[Img #43433]

 

O fotógrafo Xoán Crespo é o gañador da XIII edición do Premio Luís Ksado de fotografía da área de Cultura da Deputación da Coruña coa súa serie “”Mascaritas. Entroido solitario”.

 

O xurado composto por profesionais da fotografía como José María Mellado, Sofía Moro, Tamara De la Fuente, Sandra Alonso Díaz, Francisco Rodríguez Pastoriza, e coa xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, en calidade de presidenta, decidiu conceder o XIII Premio Luís Ksado ao fotógrafo Xoán Crespo pola súa serie “Mascaritas. Entroido solitario”.

 

Na resolución do certame, o xurado destaca como principais valores da colección de Crespo “ a súa visión do tema desde un punto de vista orixinal a través dunha variedade de personaxes e cunha atmosfera particular que consegue por medio dos propios retratos”.  A colección supón, segundo o xurado, “unha visión única e diferente dun tema que foi moi visitado por medio da fotografía pero cunha óptica particular e distinta”.

 

Xoán Crespo (Pontevedra, 1967), reside en Santiago de Compostela, e traballa como fotoxornalista na Xunta desde 1992. Estudou fotografía no Institut d´Estudis Fotogràfics de Catalunya. Do seu traballo destaca que se centra, “preferentemente, nas persoas, as relación co seu entorno e a identidade”.

 

Ademais de participar en exposicións colectivas como “Galicia en foco”, en Ferrol 1995, “Rexistro de imaxes, Santiago de Compostela, 2005, “Mulleres no obxectivo”, Santiago de Compostela 2011, “Welcome”, A Estrada 2012, e outras individuais como a do Matadero en Madrid 2016 ou na Saa La Nautilus da Coruña en 2017.

 

O premio consiste en 6.500 € ademais da edición do catálogo e unha exposición –xunto coas outras coleccións seleccionadas- que itinerará por dez concellos da Coruña.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress