Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de octubre de 2017 | Leída 22 veces
Deputación da Coruña

As seis mellores curtametaxes do Curtocircuíto protagonistas do regreso do cine ao Teatro Colón

O festival, financiado pola Deputación da Coruña, itinera por vez primeira á Coruña…

[Img #43432]

 

O cine regresa ao Teatro Colón este xoves coas seis mellores curtametraxes do Festival Curtocircuito, un evento que conta con axuda da área de Cultura da Deputación da Coruña a través da liña de festivais. A proxección será ás 20:30 horas e a entrada gratuíta.

 

O Teatro Colón acolle este xoves, 12 de outubro, a proxección das seis mellores curtametraxes do Curtocircuíto 2017. Unha sesión de cinema especial, con entrada gratuíta, que comezará ás 20:30 horas. Os filmes seleccionados para a súa exhibición  son It's a date (É unha cita), Find, fix, finish (Atopar, fixar, rematar), Möbius, La mujer invisible (A muller invisible), Les vimos reír y creímos que era felicidad (Vímolos rir e crimos que era felicidade) e Martin pleure (Martin chora).

 

O Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, dirixido por Pela del Álamo, vén de celebrar a súa décimo cuarta edición a semana pasada en Santiago de Compostela e foi o domingo, hai só tres días, cando se deu a coñecer o palmarés que agora chega ao Teatro Colón.

 

Para a vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, “a selección dos mellores filmes de Curtocircuito pareceunos unha estupenda iniciativa para que o cine regresase ao Teatro Colón. Por unha banda ofrecemos a posibilidade de proxectar unha selección de calidade dun xénero como o da curtometraxe que ten dificultades para se mostrar en pantallas grandes e, pola outra, aproveitamos a sinerxia cun festival de prestixio ao que apoiamos a través da liña de axudas en concorrencia competitiva”. Desta forma, a selección de Curtocircuito inaugurará unha proposta de difusión dos festivais que terá continuidade o día 7 de decembro cando o mellor de Cineuropa chegue á pantalla do Teatro Colón.

 

Con esta xornada cinéfila, o Colón recupera así parte da súa esencia orixinal como unha das grandes salas de exhibición da Coruña ao tempo que involucra á cidadanía e pon de novo en valor esa faceta destacada do teatro como sala de cine moederna e cunhas características singulares.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress