Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 11 de octubre de 2017 | Leída 19 veces

A 5ª Feira Multisectorial da Laracha celebrarase na fin de semana do 11 e 12 de novembro

Na Mesa Local de Comercio explicáronse os detalles da súa organización. Contouse con representantes do Concello, Xunta de Galicia, ACSIL e Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios. As empresas larachesas teñen prioridade na reserva de postos, que debe tramitarse directamente con ACSIL...

[Img #43431]

 

A quinta edición da Feira Multisectorial de Oportunidades que organiza a Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha (ACSIL) en colaboración co Concello desenvolverase na fin de semana do 11 e 12 de novembro nas instalacións do pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís.

 

Precisamente para cumprir cos trámites administrativos previos á celebración do evento este mediodía celebrouse unha reunión da Mesa Local de Comercio, na que estiveron representados o Concello da Laracha –nas figuras dos edís José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López-, a Xunta de Galicia –en Alberto Vázquez Sanmartín-, ACSIL –na súa presidenta, Concha Iglesias- e a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios –Rosa Otero é a súa presidenta-.

 

Na xuntanza informouse aos membros da Mesa Local de Comercio sobre as características do evento. A instalación na que se desenvolverá ten capacidade para máis de cincuenta postos. Os establecementos comerciais do Concello da Laracha –sexan ou non socios de ACSIL- teñen prioridade á hora de realizar as reservas de stands. No caso de que quedasen postos libres, ofreceríanse a empresas doutros municipios. As persoas responsables de negocios que desexen estar presentes deben solicitalo poñéndose directamente en contacto con ACSIL.

 

A presidenta de ACSIL, Concha Iglesias, mostrouse ilusionada por alcanzar a quinta edición da Feira Multisectorial de Oportunidades e satisfeita do traballo realizado nos catro anos anteriores. Os representantes municipais trasladaron a plena disposición do Concello da Laracha para colaborar, do mesmo xeito que nas outras edicións, para que o evento volva ser un éxito organizativo e de asistencia de público.

 

Tal e como establece a normativa autonómica, desde o Concello da Laracha xa se deu conta á Dirección Xeral de Comercio da celebración desta quinta Feira Multisectorial de Oportunidades.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress