Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de octubre de 2017 | Leída 9 veces

Trinta mozos con diversidade funcional tomarán parte no programa de mecer ata decembro

Os obxectivos principais deste programa son: a promoción da participación das persoas con diversidade funcional en espazos de lecer, recreativos, culturais, deportivos e turísticos; prevención da exclusión e o aislamento social; fomento da adquisición de habilidades sociais, de interacción e autonomía persoal e mellora da calidade de vida e desenvolvemento integral…

[Img #43419]Dende a Concellería de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación inicianse as actividades do Programa de Lecer e diversidade funcional para o último trimestre do ano. Esta fin de semana o grupo disfrutou dunha xornada recreativa na Bolera.

 

Este programa está dirixido a personas con discapacidade psíquica/ intelectual, con certificado de minusvalía e empadroadas no municipio.  Actualmente participan 30 mozas e mozos.

 

Os obxectivos principais deste programa son: a promoción da participación das persoas con diversidade funcional en espazos de lecer, recreativos, culturais, deportivos e turísticos; prevención da exclusión e o aislamento social; fomento da adquisición de habilidades sociais, de interacción e autonomía persoal e mellora  da calidade de vida  e  desenvolvemento integral.

 

As actividades previstas ata decembro son as seguintes: magosto, excursión casa museo de Rosalía de Castro, teatro, andaina contra a violencia de xénero e cea de nadal.

 

O periodo de inscrición estará aberto durante todo o trimestre ata cubrir o máximo de prazas. Para participar no programa deberán informarse no departamento de servizos sociais comunitarios.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress