Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 10 de octubre de 2017 | Leída 8 veces

O filme “A praia dos afogados” proxectarase o venres no pavillón do IES Agra de Leborís

A partir das 21:00 horas. A entrada será libre e gratuíta para todos os públicos.. A iniciativa faise no marco do programa Redecinema e dentro da Rede de Dinamización Lingüística...

O pavillón do IES Agra de Leborís acollerá este venres (13 de outubro) a partir das 21:00 horas a proxección do filme A praia dos afogados, a adaptación á gran pantalla da novela de Domingo Villar. A película, de drama e suspense, está dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada polos actores galegos Luis Zahera, Marta Larralde, Celia Freijeiro, Celso Bugallo e Pedro Alonso.

 

Esta proposta cultural é acollida polo Concello da Laracha no marco do programa Redecinema, posto en marcha pola Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) dentro da Rede de Dinamización Lingüística. Emprégase o cine como ferramenta para promover a creatividade con base en galego e aumentar a oferta de produtos de ocio e cultura na nosa lingua.

 

A entrada ao pavillón para ver o filme será libre e gratuíta para todos os públicos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress