Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 8 de octubre de 2017 | Leída 11 veces

A xunta de goberno adxudicará o luns a obra de construción do viveiro de empresas no Polígono Industrial

A actuación está valorada en 359.000 euros. Cóntase coa colaboración económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Ofreceranse as condicións e servizos precisos para a implantación inicial e a consolidación de empresas de novo nacemento...

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha celebrará unha reunión extraordinaria este luns (9 de outubro) na que o asunto máis importante será a adxudicación do contrato de execución do proxecto de construción do viveiro de empresas municipal no ámbito do polígono industrial, trámite que se levará a cabo despois de que a Mesa de Contratación valorase e clasificase todas as ofertas presentadas ao precedemento.

 

A actuación promovida polo Concello da Laracha está valorada en 359.000 euros e será cofinanciada con fondos municipais e a achega económica da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

O proxecto contempla a creación dun edificio de planta baixa e de máis de cincocentos metros cadrados de superficie no que serán habilitados catro despachos e catro naves industriais con accesos independentes. O inmoble levantarase nunha parcela de titularidade municipal situada no ámbito do parque empresarial, ben comunicada, fronte a un amplo aparcamento público e que está cualificada no Plan Xeral de Ordenación Municipal para albergar equipamentos.

 

Deste xeito o Concello da Laracha contará en próximas datas cun espazo físico creado co obxectivo de facilitar o nacemento de novas empresas de carácter industrial e no que se ofrecerán as condicións e servizos precisos para a súa implantación inicial e a posterior consolidación.

 

A finalidade do viveiro de empresas da Laracha é dar un impulso ao xurdimento de novas iniciativas industriais privadas que contribúan á dinamización da zona nun parque empresarial que se consolida como referente no norte de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress