Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de octubre de 2017 | Leída 9 veces
Deputación da Coruña

Deputación e Concello continúan a folla de ruta para a xestión municipal do Teatro Colón

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Culturas da Coruña, Xosé Manuel Sande reuníronse para avaliar os avances do traballo desenvolvido nos últimos meses polos equipos técnicos de ambas as institucións encamiñado a que o concello se faga cargo da xestión do Teatro Colón...

[Img #43405]

 

Deputación e Concello continúan a folla de ruta para a xestión municipal do Teatro Colón que, segundo se avanza nos traballos, está prevista para a segunda metade do próximo ano. Na xuntanza mantida na sede da Deputación da Coruña en que participaron, entre outras persoas, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o concelleiro de Culturas, Xosé Manuel Sande, puxéronse en común os avances dos traballos que están a desenvolver os equipos técnicos das dúas institucións e que se prevén rematar por volta de mediados do próximo ano.

 

De se cumpriren as previsións, e unha vez que se pronuncien os plenos das dúas administracións, será de cara a mediados de ano cando o concello da Coruña se faría cargo da xestión do Teatro Colón. Entre tanto, a Deputación continuará a dirixir a programación do centro cultural cunha programación que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.teatrocolon.es.

 

Carlos Blanco e Luís Davila, enchen de humor o Colón

Co aforo xa case completo, Carlos Blanco e Luís Davila encherán de humor este sábado ás 20:00 h. o Teatro Colón co seu espectáculo “Menú da Noite”, cociña ao vivo do debuxante de Bueu e o actor arousán que mesturan os ingredientes da súa arte nun combinado perfecto. A música é de Budiño e Kepa Junquera.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress