Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de octubre de 2017 | Leída 11 veces
Deputación da Coruña

González Formoso clausura en Mariñán a Escola de Verán do Ministerio Fiscal

Fiscais e xuristas de toda España debateron durante esta semana sobre a reforma do actual sistema penal e a introdución da figura do fiscal investigador...

[Img #43404]

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a alcaldes de Bergondo, Alejandra Pérez, clausuraron onte no Pazo de Mariñán a Escola de Verán do Ministerio Fiscal 2017, na que durante esta semana participaron fiscais e xuristas de toda España para debater e analizar o presente e o futuro da figura do fiscal investigador.

 

González Formoso destacou a “excelente acollida” e o “prestixio” que acadou nas súas sucesivas edicións esta actividade, que converte ao pazo coruñés “nun espazo de debate e reflexión sobre temas relevantes e de actualidade do ámbito xurídico que nos afectan a todos, ao conxunto da sociedade”.

 

O presidente manifestou o seu desexo de que o foro fose útil, fructífero e interesante para os asistentes e comprometeu a colaboración da Deputación da Coruña para que esta cita anual, xa consolidada, poda ter continuidade no futuro. Asemade, invitou aos asistentes a volver á provincia da Coruña e “descubrir en profundidade o moito que nesta terra temos que ofrecer”.

 

Ao longo desta semana pasaron por Mariñán o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, que inaugurou o encontro; o fiscal xefe de Madrid, José Javier Polo, o presidente da Audiencia Nacional, Ramón Navarro Miranda, e o presidente da sala segunda do Tribunal Supremo, Manuel Marchena Gómez, entre outros ponentes, ademáis de representantes das distintas asociacións de fiscais e dos partidos políticos na Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados, que analizaron cuestións como a reforma da Lei de Enxuizamento Criminal ou o Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress