Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de octubre de 2017 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

Once monolitos sinalizarán os enclaves máis singulares do patrimonio histórico-artístico da Deputación da Coruña

A institución provincial destina 55.000 euros á construción destas placas, que se situarán en polos de atracción turística coma o mosteiro de Caaveiro, a casa de Wenceslao Fernández Flórez, o castelo de Vimianzo ou os dólmens de Dombate, Axeitos e Cabaleiros...

[Img #43401]A Deputación da Coruña licita, por 55.000 euros, a construción e instalación de once monolitos para sinalizar o seu patrimonio histórico-artístico.

 

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, enmarcou este investimento no “importante esforzo económico para a conservación e promoción do seu patrimonio” que leva a cabo a institución provincial, incluíndo a realización de visitas guiadas, o servizo de transporte gratuíto ou a colaboración en eventos que promovan o turismo.

 

Neste sentido, González Formoso destacou que a nova sinalización “contribuirá a mellorar a identificación dos enclaves máis singulares do patrimonio provincial”, e vinculalos coa imaxe corporativa da Deputación.

 

O servizo Arquitectura da institución provincial xa deseñou os monolitos, que consistirán nunha base de granito silvestre de 90 centímetros de altura, sobre a que se colocará unha placa metálica. Nesta superficie, cortarase a láser unha representación da silueta ou do elemento máis simbólico e representativo de cada monumento e o logotipo da Deputación, co obxectivo de unificar a sinalización.

 

Estes novos monolitos colocaranse no Mosteiro de Caaveiro (A Capela), o Pazo de Mariñán (Bergondo), a casa de Wenceslao Fernández Flórez (Cambre), o Castelo de Vimianzo, os Batáns do Mosquetín (Vimianzo), Forno Novo (Buño), as Torres do Allo (Zas) e de Altamira (Brión), e nos dólmens de Dombate (Cabana de Bergantiños), Axeitos (Ribeira) e Cabaleiros (Tordoia).

 

Este patrimonio constitúe ademais un gran polo de atracción de visitantes. Só no mosteiro de Caaveiro, situado nas Fragas do Eume, rexistráronse 44.475 visitantes no ano 2016. Unha afluencia de turistas que vai en aumento, posto que no que vai de ano 2017 xa se superou esta cifra.

 

O segundo enclave do patrimonio provincial por número de visitas é o Dolmen de Dombate, que recibiu preto de 25.000 visitantes o ano pasado. Así mesmo, outros enclaves coma as Torres do Allo, o Forno de Forte ou o Castelo de Vimianzo reciben unha gran afluencia de visitantes, sobre todo durante as distintas actividades e feiras que se realizan neles.

 

[Img #43402]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress