Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 7 de octubre de 2017 | Leída 19 veces

Protección Civil e os participantes nos programas de formación e voluntariado visitan o Parque de Bombeiros de Carballo

Como actividade formativa complementaria. A visita realizouse na xornada do xoves. O Concello da Laracha agradece a colaboración do Parque de Bombeiros de Carballo e da Xerencia do Consorcio de Bombeiros da Coruña...

[Img #43400]

 

No Concello da Laracha estanse a desenvolver simultaneamente dous programas dirixidos á mocidade e relacionados co voluntariado e a formación profesional, contando en ambos casos co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Por unha banda, un total de dezaseis rapaces de entre 16 e 30 anos de idade forman parte dos dous apartados dos que consta o programa de Voluntariado Xuvenil, sendo un deles impulsado polo propio Concello da Laracha (persoal de apoio no desenvolvemento de actividades culturais, sociais e deportivas) e o outro, pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha (reforzo do equipo, principalmente en eventos multitudinarios).

 

Por outro lado, o programa Deseñando o teu futuro consiste na realización por parte de mozos de entre 14 e 18 anos de idade de estadías en comercios, locais e establecementos do sector profesional escollidos previamente por eles mesmos para adentrarse no coñecemento da actividade profesional mediante a observación e o desenvolvemento de prácticas. Neste caso son quince os participantes.

 

Como actividade formativa complementaria, o Concello da Laracha ofreceu aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e aos participantes nos citados programas formativo e de voluntariado a posibilidade de realizar unha visita ao Parque de Bombeiros de Carballo que se levou a cabo no día de onte. Os asistentes puideron coñecer as instalacións, os vehículos, os traxes e o material que se emprega nas emerxencias, ademais de aprender como é o labor diario dos bombeiros e resolver as súas dúbidas ao respecto.

 

O Concello da Laracha quere agradecer a tanto á Xerencia do Consorcio de Bombeiros da Coruña como ao persoal do Parque de Bombeiros de Carballo a excelente atención prestada durante toda a xornada e a súa disposición para complementar a formación dos mozos e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress