Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 34 veces

XIII Xornadas de Micoloxía en Arteixo

Entre o 31 de Outubro e o 5 de novembro, o Departamento de Medio Ambiente organiza as XIII Xornadas de Micoloxía, coas que se pretende dar coñecer os cogumelos típicos de Galicia, revalorizar o medio rural, e promover unha actitude de respecto pola natureza...

[Img #43399]

 

As xornadas desenvolveránse na Aula da Natureza, onde se impartirán os contidos teóricos a cargo do investigador da USC, Martín Souto; na Aula de Cociña, onde se desenvolverá un cursiño básico de introducción á cociña de cogumelos; e finalizarase cunha saída ao campo para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

 

Os prazos de interese son os seguintes

  • Inscrición e límite de prazas: 24 prazas a traveso de Rexistro Xeral. A adxudicación de prazas realizarase a traveso de sorteo público, no caso de superarse o número de prazas.

Prazos

  • Inscrición: do 6 ao 13 de outubro
  • Sorteo: 17 de outubro
  • Publicación de persoas admitidas: 19 de outubro
  • Pagamento: do 20 ao 25 de outubro

 

Prezo da actividade: 10 euros segundo a Ordenanza nº 34 reguladora do prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e análogos.

 

Prioridade para os veciños de Arteixo: Por mor da alta demanda constatada en anteriores edicións e co gallo de favorecer a veciñanza de Arteixo, darase prioridade aos participantes empadroados no Concello de Arteixo.

  • Destinatarios: Cidadanía en xeral, maior de 16 anos.

 

Solicitude de turno de cociña: confirmarase a praza no momento de entregar o xustificante de pagamento da actividade, por orde de chegada

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress