Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 65 veces
laracha

Claudia Piñeiro representará ao C.P. Conxuro da Laracha no campionato de España alevín de Patinaxe Artística

O Pazo dos Deportes de Riazor, na cidade da Coruña, acollerá do 12 ao 14 de outubro os Campionatos de España de Patinaxe Artística das categorías alevín e infantil, evento no que se darán cita os mellores patinadores e patinadoras do ámbito nacional destas categorías...

[Img #43392]

 

Unha delas será Claudia Piñeiro Calvete representando ao Club Patín Conxuro da Laracha na categoría alevín feminina. O venres 13 durante toda a mañá terá lugar o programa curto, que conta con 37 participantes, das cales soamente catro son galegas (unha delas, Claudia). As 22 mellor valoradas polo xurado clasificaranse para o programa libre, que se desenvolverá o día seguinte, na xornada do sábado.

 

A arteixana Claudia Piñeiro ten agora dez anos. Leva sete, desde os tres anos de idade, no C.P. Conxuro baixo a dirección técnica da súa adestradora Ana Martínez. Ambas estrearanse nun Campionato de España. No ámbito autonómico, Claudia Piñeiro acadou nesta temporada o 5º posto no Campionato Galego alevín. Sendo benxamín xa quedara 2ª clasificada no Campionato Galego de 2015 e 1ª no Campionato de Segunda Categoría en 2014. O seu palmarés complétase con trofeos logrados en competicións non oficiais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress