Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 17 veces

O concello de Arteixo colocará a partir de hoxe cámaras nos puntos habituais de vertedoiros ilegais para sancionar os infractores

O concello tivo que retirar o ano pasado 141 vertedoiros ilegais en varios puntos do concello…

O departamento de Medio Ambiente instalará a partir de hoxe cámaras nos lugares do concello que habitualmente se están utilizando para depositar vertedoiros de maneira ilegal. O obxectivo de estas cámaras -que se irán rotando a diversas partes do concello- pasa por localizar e sancionar a aqueles infractores que atentan contra o medio ambiente con este tipo de prácticas. Durante o ano pasado, o concello de Arteixo tivo que retirar 141 vertedoiros ilegais de diversos puntos do municipio.

 

Desde o ano 2005 o departamento de Medio Ambiente de Arteixo, que actualmente dirixe Víctor Merelas, leva unha estadística dos vertedoiros retirados a través de protocolo que ten o concello para a eliminación dos vertedoiros incontrolados. A detección destes vertedoiros aumentou considerablemente nos últimos anos debido, fundamentalmente, a unha maior concienciación dos cidadáns a hora de alertar dos vertedoiros e os maiores medios empleados polo concello. Así a estadística reflexa que o departamento de medio ambiente retirou no 2005 vinte vertedoiros, 21 no 2006, 14 no 2007, 23 no 2008, 34 no 2009, 19 no 2010, 25 no 2001, 33 no 2012, 56 no 2013, 55 no 2014, 61 no 2015 e 141 no 2016. As sancións por esta práctica ilegal poden ir desde 900 euros ata os 45.000 euros según a gravidade do vertido e os materiales que se tiren sin control.

 

O departamento de Medio Ambiente, por medio do traballo realizado polos  gardas ambientais adscritos a este servicio, vense encargando de vixiar, retirar e xestionar a retirada dos vertedoiros incontrolados que existen no territorio arteixán, ademais de investigar a posible orixe e os causantes dos ditos vertedoiros. Como regra xeral os vertedoiros soen aparecer en camiños e pistas de zonas rurais e estar compostos de residuos de diferente tipoloxía, aínda que tamén poden aparecer preto de zonas urbanas. “En calquera caso, o que si se pode afirmar é que a orixe destes residuos semella ser a realización de pequenos arranxos domiciliarios e mudanzas. Aínda así, téñense detectado vertedoiros os residuos dos cales proceden de diferentes obras maiores e actividades mercantís ou industriais”, explica Víctor Merelas, concelleiro de Medio Ambiente.

 

Localización e retirada de vertedoiros

O procedemento para a localización dos vertedoiros incontrolados baséase no coñecemento dos mesmos que é realizado por diferentes medios:

 

  • Aviso por parte da cidadanía.
  • Localización directa por parte dos Gardas Ambientais.
  • Remisión de informe por parte dos axentes da autoridade: Policía Local, Garda Civil (Seprona) e Policía Autonómica.

  

Unha vez localizado o vertedoiro, por parte do Servizo de Vixilancia do Departamento de Medio Ambiente, realízase informe comprensivo dos diferentes aspectos relacionados con cada vertedoiro. Neste informe relaciónanse, entre outros, os seguintes aspectos:

 

  • Localización do vertedoiro: lugar, parroquia e coordenadas.
  • Volume que ocupan os residuos depositados.
  • Caracterización dos residuos.
  • Reportaxe fotográfica.
  • Plano de localización.

 

Con posterioridade á localización do vertedoiro procédese á retirada e entrega a xestor autorizado, transcorrendo entre a localización por parte do Departamento de Medio Ambiente e a retirada un período non superior ás 2 semanas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress