Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 27 veces
cambre

Cambre e Sada inauguran o obradoiro que empregará a vinte alumnas durante nove meses

O último obradoiro acadou o 80% de inserción laboral...

[Img #43391]

 

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, o alcalde Sada, Benito Portela, e o delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña,  Ovidio Rodeiro Tato, inauguraron onte o Obradorio de Emprego “Cambre-Sada PROXEDIS, PROfesionais en Xerontoloxía e Discapacidade”. O obradoiro está financiado pola  Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia fixo, cunha subvención de 279.959 euros, que permitirá ao longo de 9 meses a contratación de 26 persoas.

 

Os alcaldes agradeceron ás entidades Aspace, Aspronaga, Pai Menni, Residencia García Hermanos, Padre Rubinos, e Caritas que formalizaron os acordos de colaboración para poder poñer en marcha este proxecto. Estas entidades acollerán ás alumnas traballadoras para que adquiran  a experiencia no posto de traballo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, no que se formarán ao longo dos nove meses de duración.

           

García Patiño lembrou os datos de inserción laboral das edicións pasadas. “Os concellos de Cambre e de Sada, somos conscientes dos excelentes resultados que están dando estes proxectos, xa que facemos un seguimento constante ao longo dos anos posteriores que nos dan un coñecemento real da inserción profesional de todas as persoas que pasaron por eles. Na actualidade as promocións do 2012/13  e 2013/14 seguen cun 70% de inserción,e  2014/15 e 2015/16 cun 60% e a última promoción do ano 2016/17 chegou ao 80%, por isto debemos seguir nesta liña de traballo”.

 

O alcalde de Cambre resaltou a importancia da implicación e unión das administracións, autonómica, local e das entidades que hoxe nos acompañan no desenvolvemento de actuacións “como a que hoxe estamos a inaugurar, actuacións xeradoras de emprego e polo tanto de crecemento económico para os nosos territorios”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress