Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 17 veces
Deputación da Coruña

Música, obradoiros, programación familiar ou debates son algunhas das propostas do Sea Sons da Coruña

O festival conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña...

[Img #43389]

 

Do 6 ao 8 de outubro, o Sea Sons Festival ofrece un programa de actividades que xiran arredor da música coa participación de grupos locais e emerxentes, mais tamén con variedade de actividades para todos os públicos. A Deputación da Coruña apoia o Sea Sons a través da liña de subvencións a festivais.

 

Mounqup, Bolboreta, Mj Pérez, Proxecto Moucho, Coro vocal “Entrelas”, Senectud Sideral, Gardo & Neap The Irieman, Jules & The Wolf, Luix Kaf, Nortones, The Aerial Root, Carlota Perez, O Capitán Garfo e Sala 5 son algunhas das propostas musicais do programa do Sea Sons Festival que esta mañá do xoves presentouse na Deputación da Coruña, coa presenza de representantes das bandas e participantes na programación.

 

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, parabenizou á Asociación Cultural Tres por Catro, promotora da iniciativa, por ter artellado un programa “que ofrece unha pluralidade de propostas, para gustos e para públicos, e promove de maneira especial ás bandas locais e de grupos emerxentes”.

 

Goretti Sanmartín destacou que o Sea Sons Festival é un dos moitos que reciben o apoio da Deputación da Coruña que, a través de dúas liñas de subvencións, unha para concellos e outra para entidades, destina case un millón de euros aos festivais que se desenvolven na provincia ao longo do ano. “Son verdadeiros escaparates da nosa cultura e fundamentais á hora de promocionar bandas emerxentes, como é o caso do Sea Sons Festival, ademais de seren plataformas de creación de novos públicos”, sinalou Goretti Sanmartín na súa intervención en que destacou a “sintonía” cun programa que, entre outras propostas,inclúe á gañadora do concurso de grupos musicais “Narf” da Deputación da Coruña deste ano, Mounqup, e a que levou o segundo premio na anterior edición, M. J. Pérez. “Moi de valorar tamén a presenza de voces femininas no programa, ademais do debate organizado por Mulleres da Industria Cultural”, sinalou na presentación en que parabenizou á organización do festival.

 

No acto participaron tamén o director do festival, José Francisco Saavedra que fixo fincapé nos novos “camiños iniciados por unha organización que vén de 2010 por medio dun grupo de persoas que participaban na coral Follas Novas e comezamos a buscar outras fórmulas de expresión dos artistas”, dixo.  Pola súa parte, a coordinadora Mari Vivas insistiu no carácter “ecléctico” dun festival que ten na Fundación Luís Seoane e na Maestranza os seus principais espazos. “Trátase dun encontro no que o protagonista é a diversidade musical o que levou a que xa se definira por parte de moita xente como ecléctico”, explicou, ao tempo que falou polo miúdo dun programa que inclúe reggae, indie, folk ou rock. Ademais, presentou un programa “plural” para todos os públicos que inclúe diversas actividades e mesmo programación familiar cun taller de Rober Pier ou o concerto “Cociñando música” na Fundación Seoane.

 

O programa completo pódese consultar na seguinte ligazón: http://seasonsfestival.es/

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress