Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 14 veces
Deputación da Coruña

Dous obradoiros de fotografía acompañan a entrega da nova edición do premio Ksado

José María Mellado e Sofía Moro imparten as clases do programa arredor do certame da Deputación da Coruña...

Case trescentas persoas están xa inscritas nos obradoiros de fotografía de José María Mellado e Sofía Moro que se desenvolverán o vindeiro luns 9 e martes 10 de outubro, na programación paralela á entrega do Premio Ksado de Fotografía da Deputación da Coruña. Os cursos son de balde até completar o aforo.

 

O fotógrafo José María Vellado impartirá o seu obradoiro o luns de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e a fotógrafo Sofía Moro farao o martes de 17:00 a 20:00, o mesmo día que se fará público o nome da persoa gañadora da nova edición do Premio Ksado da Deputación da Coruña.

 

Os obradoiros, coordinados polo fotógrafo Xurxo Lobato, forman parte da programación paralela que a área de Cultura promove arredor da entrega do Premio Ksado que este ano chega a súa décimo terceira edición.

 

Como en anos anteriores, os obradoiros espertan grande interese por parte de persoas aficionadas e profesionais da fotografía e son xa máis de trescentas as anotadas aos dous obradoiros que terán lugar no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña. Para se inscribir en calquera dos cursos, cómpre enviar un correo a info@premiosdeputacion.org indicando nome, teléfono de contacto, enderezo DNI e profesión. A asistencia aos obradoiros é de balde até completar o aforo.

 

José María Mellado, (Almería, 1966), co seu libro “Fotografía de Alta Calidade” converteuse no autor de máis éxito no estado español, sumando máis de 200.000 persoas que o seguen nas redes sociais. Da súa autoría son os libros El silencio y la luz, Islandia, Paisaje. El Eterno Retorno e From Heaven to Earth. Con máis de cen premios, a súa obra atópase en coleccións de centros e museos como o Reina Sofía, Belas Artes de Santander ou Artium.  http://mellado.info/es/

 

Sofía Moro (Madrid, 1966) é unha fotógrafa comprometida que, desde o ano 2000 desenvolve a súa carreira profesional como fotógrafa freelance centrándose no retrato editorial e desenvolvemento paralelamente proxectos máis persoais, que xiran arredor dos dereitos humanos. Colabora habitualmente en El Pais Semanal e Vanity Fair e outras publicacións. http://sofiamoro.com/

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress