Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 8 veces

O portal de emprego municipal aumenta o número de usuarios e as ofertas de traballo rexistradas

163 persoas e 28 empresas xa se están a beneficiar das posibilidades que ofrece a plataforma. Actualmente hai vixentes 24 ofertas de postos de traballo. O Concello puxo en marcha esta iniciativa para facilitar a incorporación dos laracheses ao mercado laboral e favorecer a creación de emprego...

O portal municipal específico de emprego que o Concello da Laracha ten operativo no dominio www.alaracha.es/emprego está a presentar un progresivo aumento tanto no número de persoas e empresas usuarias como na cantidade de ofertas de traballo.

 

A día de hoxe a cifra de usuarios da plataforma aproxímase aos douscentos ao estar rexistrados 163 perfiles de cidadáns demandantes de emprego e tamén os de 28 empresas ás que se lle ofrece a posibilidade de utilizar esta ferramenta para facilitarlles a incorporación de traballadores. Nestes momentos o número de ofertas de emprego vixentes ascende a 24.

 

Este portal, dirixido a persoas empadroadas no municipio e a calquera empresa ou particular que oferten emprego, comezou a funcionar neste ano creando un novidoso servizo municipal de colaboración entre o propio Concello da Laracha –a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, que xestiona a bolsa de emprego-, os demandantes e os ofertantes de postos de traballo.

 

As persoas usuarias do portal poden consultar as ofertas de emprego, as novas máis relevantes nesta materia, solicitar calquera dos servizos que ofrece a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local municipal e xestionar o seu currículum vitae e envialo directamente desde a propia plataforma.

 

No caso das empresas rexistradas, poderán publicar as súas ofertas de emprego de xeito gratuíto e acceder aos perfís das persoas que se inscriban, simplificándolles a posterior realización dun estudo pormenorizado das candidaturas. Ademais, as empresas con sede no termo municipal teñen á súa disposición un apartado específico para dar publicidade aos seus servizos e actividades.

 

O portal municipal de emprego é unha iniciativa pioneira na Costa da Morte que o Concello da Laracha ten en marcha cos obxectivos concretos de facilitar aos cidadáns laracheses a súa incorporación ao mercado laboral e favorecer a creación de emprego por parte das empresa radicadas no termo municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress