Viernes, 20 agosto 2010

O concello reitera a petición das chaves do Novo Ceip Arteixo á Xunta

Enviar por email

A menos dun mes do comezo das clases, o Concello de Arteixo reiteraba onte martes á Xunta de Galicia a súa petición, remitida xa anteriormente, na que facía consta a necesidade de que o Goberno Autonómico remita as chaves do novo centro ao consistorio arteixán, que será o encargado do mantemento do mesmo, así como da contratación do servicio de conserxería...

O Goberno Local tomaba a decisión de reiterar a súa solicitude, despois de tela enviado por primeira vez o pasado mes de xullo, a penas uns días despois de que a Xunta dera por recepcionado o centro. Esta primeira solicitude, enviada á Xefatura Territorial de Educación e Ordenación Universitaria, non foi ainda contestada, o que non impediu ao goberno autonómico enviar un escrito ao Concello, con data 10 de agosto, no que lembraba ao Goberno Local a necesidade de iniciar as contratacións pertinentes.

“Evidentemente hai que iniciar esas contratacións, destinadas ao mantemento do centro”, explicaba a Alcaldesa, Dna. Pilar Souto, “pero non podemos facelo se non contamos con acceso ao centro. É preciso que os técnicos comproben as características da instalación –caldeiras, ascensor...- para contratar o mantemento axeitado. E dende logo, sen chaves, non temos forma de acceder”.

“Os procesos de contratación teñen uns prazos legais de obrigado cumprimento, polo que este retraso na entrega das chaves supón un importante escollo, dado o avanzado do mes de agosto”, explicaba a Alcaldesa, “e, por outra banda, no poderiamos ter solicitado antes as chaves, posto que o fixemos en canto a Xunta recepcionou o centro”. Segundo apuntan dende a Alcaldía do Concello, este foi o motivo que levou ao consistorio a insistir na súa petición.

O Goberno Local agarda agora que a Xunta envíe as chaves do novo CEIP Arteixo canto antes, a fin de poder completar as contratacións do mantemento a tempo para o comezo do curso escolar. Neste senso, a Alcaldesa apuntaba “lamento moitísimo o desinterese absoluto que a Xunta amosa polos cidadáns de Arteixo, desentendéndose de forma constante e vergoñenta das súas responsabilidades para con eles”.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS