Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 6 de octubre de 2017 | Leída 11 veces

O Concello pagou 1,3 millóns de euros a provedores no terceiro trimestre e cun período medio de abono de 4,55 días

Redúcense os prazos con respecto ao establecido na Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira. En xullo, agosto e setembro de 2017 realizáronse 719 operacións de pagamento. O documento xa está dispoñible na web municipal...

O departamento de Intervención do Concello da Laracha vén de emitir o informe relativo ao período medio de pagamento ao provedores do terceiro trimestre, que unha vez máis reflicte a boa situación económico-financeira.

 

O documento indica que, unha vez aprobada a factura, estanse a realizar os abonos nunha media de 4,55 días, reducíndose a cifra en practicamente seis días con respecto ao trimestre anterior. Por tanto, volve poñerse de manifesto con estes datos oficiais a celeridade á hora de tramitar e pagar as facturas, mesmo adiantándose aos prazos establecidos na Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira (máximo de 30 días).

 

Magnitudes de especial relevancia e que indican o volume de actividade desenvolvida no termo municipal no trimestre que vén de rematar é que en xullo, agosto e setembro o Concello da Laracha realizou 719 operacións de pagamento a provedores por un importe total de 1.307.838,09 euros.

 

O documento relativo ao período medio de pagamento xa está dispoñible na sección de “servizos económicos” da web municipal www.alaracha.gal e darase conta do mesmo á Corporación municipal no próximo Pleno.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress