Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de octubre de 2017 | Leída 46 veces

A Xunta acompaña ás empresas viveiristas galegas a Iberflora na busca de novos clientes

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias estivo presente na inauguración do evento e invitou a responsables doutras comunidades autónomas a coñecer os stands de Galicia. O 48% da facturación deste sector na nosa comunidade é por ventas no exterior...

[Img #43386]

 

Galicia está un ano máis na Feria Internacional de Planta y Flor, Paisajismo, Tecnología y Bricojardín, Iberflora que se celebra en Valencia dende onte e ata o venres. Trátase do certame referente do sector verde e líder de España en planta ornamental no que a comunidade está representada por ata dez empresas e que están acompañadas pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, en representación da Consellería do Medio Rural.

 

En concreto, Do Campo estivo presente na inauguración onte e ademais invitou aos representantes doutros territorios a que coñecesen os stands galegos. Así o fixo, por exemplo, coa conselleira de Agricultura, Medio Ambiente, Cambio Climático e Desenvolvemento Rural, Elena Cebrián. No que se refire ao apoio económico, a Consellería do Medio Rural colabora con máis de 84.000 euros na participación desta feira.

 

O sector viveirista galego caracterízase por ter un importante carácter exportador, de feito, o 48% da facturación é por ventas no exterior. Os viveiros e comerciais aportan preto de 500 postos de emprego e chegan a unha facturación aproximada de 15,5 millóns de euros ao ano.

 

Non é a primeira edición que Galicia participa neste evento. De feito, no 2016 unha decena de empresas trasladáronse a esta feira e sinalaron que foi a mellor edición dende que temos presenza no evento, xa que conseguiron aumentar de forma considerable a súa cifra de negocio. Isto é así grazas a que Iberflora 2016 foi visitada por máis de 10.000 profesionais de 33 países como Francia, Portugal, Italia, Holanda, Reino Unido, Dinamarca, México, Brasil, Emiratos Árabes e Marrocos.

 

Iberflora

Iberflora é o gran evento profesional do sector verde en Europa. Comezou en 1972 e a día de hoxe é un referente entre as feiras de xardinería ao contar coa maior oferta comercial e formativa dentro deste negocio. Así, hai dende viveiros e grandes cadeas de distribución ata agrotendas, florerías e provedores, tendas de regalo, paisaxismo, administracións públicas, etc.

Relación de empresas galegas presentes en Iberflora

  • Viveros Brotes (Tomiño).
  • Viveros Cabaleiros (Lourenzá).
  • Coplant Galicia (Tomiño). 
  • Viveros Denoy (Arzúa).
  • Fomento Vegetal (Ribadeo).
  • Hifas da Terra (Pontevedra).
  • Viveros Juan Peixoto (Tomiño).
  • Plant Plus, que agrupa a tres productores Hortival Narón, Viveros Costa de Lóngaras y Agro das Sebolas.
  • Ullaplant (A Estrada) e agrupa a cuatro produtores: Viveros de Romai, Vivero As Zancas, Bambú del Ulla y Suffruticosa vivero de Boj.
  • Veraleza (Tomiño).
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress