Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de octubre de 2017 | Leída 21 veces

A artista Federica Bau gaña o XII Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica coa súa obra “270D”

Natural de Italia e alumna e bolseira da Fundación CIEC, a artista Federica Bau é a gañadora da XII edición do Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica que se decidiu nunha nunha xuntanza celebrada onte mércores na sede da fundación en Betanzos. Carlos Castañeda e Carmen Isassi fixéronse cos accésits e Chloe Tiravy a mención de honra…

[Img #43381]

 

Un xurado composto por Jesús Núñez, Rosario Sarmiento, Ánxela Caramés, David Calle e José Rincón coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo da área de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria decidiu outorgar o XII Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica á obra "270D" de Federica Bau.

 

Para o xurado a obra de Federica Bau é  "de gran rotundidade estética e con gran dominio da técnica”. Trátase, “dunha peza suxerente, que atrapa a mirada evocando múltiples lecturas”.  A obra emprega técnica de augaforte e augatinta bruñida.

 

A obra impúxose entre as 142 obras -que concorreron ao concurso, o xurado outorgou tamén os accésits para as obras “Con la luz mi existencia se hace visible" do mexicano Carlos Castañeda e “Anhelo y brizna” da Carmen Isassi . O xurado decidiu conceder unha mención de honra á obra “Sen título” da francesa afincada en Madrid, Chloe Tiravy.

 

Federica Bau naceu en 1990 en Sesto San Giovanni, Italia, e está vinculada á Fundación CIEC de Betanzos, onde realizou un master en obra gráfica e do que foi bolseirae concello no que residiu. Participou en certames, festivais e exposicións e, entre outros premios, recibiu o I Premio da Fundación Dinastia Vivanco da Rioxa e finalista do premio Atlante do Museo de Artes de Gravado de Ribeira.

 

No xurado participaron o gravador, escultor e pintor, Jesús Núñez, a crítica de arte e comisaria de exposicións, Rosario Sarmiento, a xestora cultural, crítica e comisaria de exposicións, Ánxela Caramés, o artista José Rincón e o artista especializado en gravado, David Calle,  que foi o gañador da edición anterior.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress