Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de octubre de 2017 | Leída 15 veces
cambre

Voluntarios retiran 350 quilos de lixo do río Mero

Entre o lixo retirado había unha cadeira, un armario, tres neumáticos, ferralla, botellas de vidro, cartón e papeis...

[Img #43379]O Concello de Cambre participou por decima vez na actividade “Móllate polos ríos” limpeza simultánea de ríos en toda Galicia coa limpeza do río Mero ao seu paso polo termo municipal de Cambre. Trátase dunha actividade impulsada por ADEGA a través do Proxecto Ríos.

 

Un grupo de trinta persoas voluntarias do Concello de Cambre saíron desde o encoro de Cecebre e desde a desembocadura do río á altura da Barcala este domingo 1 de outubro entre as 09:30 e ás 13:00 horas.

 

Acompañaron ás persoas voluntarias a Brigada mediambiental do voluntariado xuvenil e Protección Civol de Cambre. Retiraronse un total de 350 quilos de lixo e sensibilizouse ás persoas usuarias do paseo na importancia de manter limpo o entorno natural de Cambre. Entre o lixo retirado había unha cadeira, un armario, tres neumáticos, ferralla, botellas de vidro, cartón e papeis. 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress