Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de octubre de 2017 | Leída 7 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña destina máis de seiscentos mil euros ás entidades de cultura tradicional

A área de Cultura da Deputación da Coruña adxudica un total de 626.069, 04 euros a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional ademais de formacións musicais de grande formato. Máis de cen reciben axudas para actividades e máis de setenta son as que optaron ao apoio a investimentos...

A través de dúas liñas de axuda, a área de Cultura da Deputación da Coruña apoia o tecido asociativo da cultura tradicional cun orzamento que ascende, despois da adxudicación das axudas, a 626.069, 04 €, dos que 196.067,08€ se destinan a investimentos solicitados polas entidades e 430.001,96 € diríxense ao desenvolvemento de actividades dos seus programas anuais.

 

Trátase da segunda convocatoria de dúas liñas de axudas que se iniciaron o pasado ano e teñen, segundo a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, o obxectivo de “apoiar as entidades que están a traballar pola dinamización e a transmisión a nosa cultura tradicional nun movemento que compromete gran cantidade de mozas e mozos que, a través de asociacións locais maiormente, están a contribuír de maneira decidida a manter viva a nosa cultura”.

 

Corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego poden concorrer ao programa de axudas en concorrencia competitiva, a través das liñas de investimentos e actividades. Desta volta, 105 son as entidades que optaron á liña de actividades pola que recibiron un total de 430.001, 96 € e un total de 76 teñen concedido apoio para investimentos por 196,067,08%.

 

As entidades destinan os investimentos da liña de axuda de maneira especial á adquisición de instrumentos e vestiario e tamén, en menor grado, a mobiliario ou outros equipamentos. En canto á liña de actividades, a Deputación apoia a realización de obradoiros e cursos, xornadas temáticas, seráns, recuperación de repertorio tradicional, concertos, xuntanzas de música tradicional, ciclos, intercambios culturais, concursos e festivais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress