Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de octubre de 2017 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

O Pazo de Mariñán acolle a Escola de Verán do Ministerio Fiscal

Fiscais e xuristas de toda España abordarán a reforma do actual sistema penal e a introdución da figura do fiscal investigador. González Formoso destaca a consolidación de Mariñán como un punto de debate e reflexión sobre as principais novidades do ámbito xurídico...

[Img #43378]O Pazo de Mariñán (Bergondo) acolle durante esta semana unha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, na que participan fiscais e xuristas de todo o Estado, que analizarán o presente e o futuro da figura do fiscal investigador.

 

O encontro foi inaugurado esta mañá polo ministro de Xustiza, Rafael Catalá Polo, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e contou tamén coa asistencia do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez.

 

González Formoso deu a benvida aos asistentes e destacou que Mariñán tense consolidado nos últimos anos como “un punto de encontro e formación que centra na provincia da Coruña o debate sobre as principais novidades do ámbito xurídico”. Neste caso non será unha excepción, pois os temas a tratar inclúen retos importantes como  a reforma do actual sistema penal e a introdución da figura do fiscal investigador.

 

Pola súa banda, o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, destacou que algúns dos principais asuntos que se abordarán durante estas xornadas de Mariñán son o sistema de proceso penal, tras a introdución de 75 modificacións na Lei de enxuizamento criminal, e o novo estatuto orgánico do Ministerio Fiscal.

 

Durante a xornada de hoxe, representantes de distintas asociacións de fiscais debaterán sobre os presupostos necesarios para que o fiscal investigue. A Escola de Verán contará este ano coas ponencias do fiscal xefe de Madrid, José Javier Polo, o presidente da Audiencia Nacional, Ramón Navarro Miranda, o presidente da sala segunda do Tribunal Supremo, Manuel Marchena Gómez, e o Fiscal Xeral do Estado, José Manuel Maza Martín, que clausurará o encontro o vindeiro venres 6 de outubro.

 

Tamén o venres, a partir das 11:00 horas, celebrarase unha mesa redonda sobre “Principios e proxectos sobre investigación do fiscal” na que participarán representantes de diferentes grupos políticos na Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress