Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 5 de octubre de 2017 | Leída 58 veces
Deputación da Coruña

A Deputación entrega os premios do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares

O club Atletismo Sar proclamouse vencedor das categorías absolutas masculina e feminina, mentres que o pódium de menores estivo encabezado por Millaraio, de Ames. O deputado de Deportes, José García Liñares, destacou a “cifra récord” de participación no circuíto, que reuniu a 15.000 corredores nas 30 probas que o conformaban...

[Img #43382]

 

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación, José García Liñares, presidiu onte pola tarde a gala de entrega dos premios do IV Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

 

No evento, que tivo lugar na sede da institución provincial, tamén participou o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos. Esta entidade colabora na organización das 30 probas do circuíto, que na súa cuarta edición recalou nos concellos de Culleredo, Ponteceso, Cerceda, Carballo, Cee, Curtis, Muxía, Santiago, Ares, Ortigueira, Cambre, Cariño, Carnota, Betanzos, Ferrol, A Pobra, Ordes, Corcubión, Valdoviño, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Brión, Sada, Fisterra, Ames, Rianxo, Carral, Negreira, Boiro e Porto do Son.

 

Entre os máis de 15.000 corredores que participaron nas carreiras, proclamáronse vencedores nas categorías absolutas Amador Pena, Manuel Pérez e Luis Antelo, e nas femininas Rocío Alvite, Eusebia Maldonado e Natalia Lorenzo. Asemade, foron premiados un total de 49 atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

 

No pódium por equipos, o Club Atletismo Sar (Comarca do Sar) resultou vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. A clasificación masculina completárona o Club Deportivo Vagalume (O Pino) e Noitebra (Santiago), mentres que o segundo e terceiro premio femininos recaeron en Atletismo Sada e Club Deportivo Vagalume.

 

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos masculinos obtivéronos os clubs Millaraio (Ames), Asociación Deportiva Olimpia (Cee) e Fontes do Sar (Santiago). O primeiro premio feminino recaeu tamén en Millaraio, mentres que o segundo e o terceiro foron para o club Atletismo Sar e a Asociación Deportiva Olimpia (Cee).

 

 

Evento deportivo pioneiro

 

José García Liñares destacou que a Deputación da Coruña foi pioneira na posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras, unha actividade deportiva que hoxe tamén se organiza noutras provincias, e que consigue “crear unha rede de competicións coordinadas, cun calendario anual equilibrado, que favorecen a práctica popular do atletismo e promoven a participación dos nosos atletas nun maior número de probas dentro da provincia”.

 

O deputado responsable da área de Deportes felicitou a todos os gañadores e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as carreiras. “Durante a IV edición do circuíto, houbo máis de 15.000 corredores, unha cifra récord que confirma a paixón que esperta este deporte na nosa provincia”, salientou.

 

Así mesmo, Liñares agradeceu a “extraordinaria labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de clubs”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress