Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de octubre de 2017 | Leída 59 veces

Galicia pecha setembro con 10.279 parados menos que hai un ano e con máis contratación indefinida superando en 13 puntos á temporal

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou onte os datos do paro rexistrado destacando que Galicia continúa “cunha boa evolución” cara á creación de emprego de calidade. A baixada do desemprego encadea 4 anos consecutivos de caídas nun mes de setembro, un período no que 1 de cada 3 parados abandonaron as listas. As afiliacións seguen crecendo, sumando 19.373 máis, o segundo maior incremento producido nun setembro desde o inicio da crise económica. A contratación indefinida aumenta nun 15,22%, 2,5 puntos máis que no Estado...

[Img #43374]

 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro rexistrado, que no último ano baixou en 10.279 persoas, é dicir, un 5,29% menos que en setembro de 2016. En palabras de Toca, Galicia continúa “cunha boa evolución cara á creación de emprego de calidade, explicando que o desemprego leva baixando no mes de setembro 4 anos consecutivos, un período no que 1 de cada 3 parados abandonaron as listas, e sinalando que a contratación tamén crece. No último ano, nun 2,75%, de xeito xeral, subindo a indefinida nun 15,22%, unha cifra que supera en máis de 13 puntos o reflectido na temporal e en máis de 2,5 puntos o crecemento do Estado. A contratación a tempo completo tamén medra, nun 4,55%, superando tamén aos contratos a tempo parcial.

 

En canto ás afiliacións seguen subindo na Comunidade, nun 1,99% con respecto a setembro de 2016, 19.373 afiliacións máis, o que supón o segundo maior incremento producido nun mes de setembro desde o inicio da crise económica. Galicia xa encadea tres anos e medio cunha interanual positiva nas afiliacións, rematando setembro cunha cifra superior á de hai 6 anos (setembro de 2011).

 

Deste xeito, a secretaria xeral de Emprego indicou que a tendencia en Galicia é positiva recordando que todos os indicadores económicos están en verde desde hai 3 anos. Neste senso, sinalou a importancia do emprego industrial, xa que é un sector que marca nunha tendencia estable no crecemento da economía e, polo tanto, é, segundo subliñou, un eido prioritario nas políticas económicas da Xunta. Expuxo que o desemprego neste eido baixou no último ano nun 9,66% e que foi o sector que creou máis emprego no último ano, multiplicando case por seis o ritmo de subida de ocupación no conxunto da economía.

 

Toca, así mesmo, apuntou que o Goberno galego segue traballando para mellorar as cifras de creación de emprego, apuntando que a subida do paro na evolución mensual, nun 1,62%, é estacional, tras 7 meses de baixadas consecutivas no paro.

 

“Cando falamos de emprego tempos que facelo con certa perspectiva, avaliando períodos de tempo máis longos e vendo cal é a tendencia, que en Galicia é positiva”, engadiu. A Comunidade Autónoma sitúase a niveis de paro inferiores aos de hai 8 anos, sumando xa preto de 4 anos de baixadas consecutivas, desde novembro de 2013.

 

En definitiva, a secretaria xeral de Emprego afirmou que o mercado laboral segue mellorando en Galicia co desenvolvemento da Axenda 20 coa que o Goberno galego impulsa o emprego estable e de calidade ou a través da Estratexia Autónomo 2020 coa que favorece o traballo por conta allea. Neste último aspecto, recordou que no último mes activáronse medidas como o Bono Autónomo ou a ampliación da tarifa plana.

 

Descenso nas principais variables

O paro, na evolución anual, segue caendo un mes máis nas principais variables: nas catro provincias, as sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade económica e nos colectivos prioritarios cos que traballa a Xunta.

 

Con respecto ás provincias, na evolución anual A Coruña lidera o descenso cun 5,96% menos de paro seguida de Pontevedra cun -5,45%, de Lugo cun -5,40% e Ourense cun -2,13%. En canto aos sectores de actividade, a construción é onde máis baixa cun -17,94%, seguido da industria cun -9,66% e dos servizos cun -3,23%. Nos menores de 30 anos descende nun -2,66%, nas mulleres nun -2,92% e nos parados de longa duración nun -7,77%. Con respecto a este último colectivo, Toca sinalou que 7 de cada 10 persoas que saíron do desemprego no últimos 12 meses eran parados de longa duración.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress