A XXIII regata de embarcacións caseras chega ao porto de Suevos o vindeiro domingo 22 de agosto...
A creatividade dos arteixáns e as súas dotes como enxeñeiros poñense a proba novamente coa chegada da XXIII Regata de Embarcacións Caseras, que, como cada agosto, chega á praia de Suevos para demostrar que a navegación está ao alcance de todos, ainda que sexa dun xeito moi particular.
Dende as 17:00, os participantes nesta particular regata tratarn de completar o percorrido –dende a praia ao porto de Suevos- , unha particular travesía na que cada participante aportará toda a súa imaxinación, posto que participarán embarcados nas súas propias creacións.
A organización establece unha serie de premios para os participantes:
Todos eles, eso si, comdicionados a que os premiados completen o percorrido.
Os interesados poden inscribirse no local do Club Náutico Langosteira, de forma gratuita para os socios ou abonando os 5 euros de inscrición se non se forma parte do clube.