Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de octubre de 2017 | Leída 79 veces
Culleredo

O Paseo Marítimo da Ría do Burgo acollerá o 22 de outubro a 1ª Carreira e Andaina Solidarias polo Parkinson

Os participantes da carreira percorrerán 9 km de circuito. Haberá unha andaina solidaria, co fin de que todo o mundo poida acompañarnos e axudar, de este modo, a olvidarnos das trabas que nos pon esta enfermidade. Dorsal cero para todas aquelas persoas que non poidan acudir, pero queiran colaborar
cunha pequena aportación. As inscripcións están abertas en emesports.es ata o 17 de outubro de 2017...

[Img #43369]

 

Dende a Asociación de Parkinson Galicia-Coruña, unha entidade sen ánimo de lucro na que procuramos a mellora da calidade de vida tanto de persoas con enfermidade de Parkinson, coma dos seus familiares e/ou coidadores, organizamos da man do Concello de Culleredo e Castelo Deportes a I Carreira e Andaina Populares polo Parkinson.

 

Na carreira cunha distancia total de 9 km., disporase mediado o percorrido dun avituallamiento líquido que se complementará cuns alimentos saudables ao remate da actividade. Tódolos/as participantes poderán coñecer os seus tempos grazas aos microchips dispostos pola organización, que tamén agasallará cunha camiseta. Indicar que estarán cubertos por un seguro de accidentes.

 

Doutra banda farase unha andaina de 2 km., na que os participantes poderán acompañar a os/as nosos/as usuarios/as. Pretende ser unha andaina inclusiva na que poidan participar todas as persoas; con mobilidade reducida, en cadeira de rodas, persoas acompañadas por animais de compañía, etc. Os menores de 8 anos poderán inscribirse de forma gratuita.

 

A recollida de dorsais efectuarase no Decathlon Oleiros dende o 19 de outubro as 16:00 horas ata o 21 de outubro as 14:00 horas. O mesmo día da carreira de 09.00 a 10:00 horas habilitaranse unhas mesas para poder recollelos no paseo do Burgo. Ambas probas darán comezo ás 10:30 horas, nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das pistas polideportivas no paseo marítimo da ría do Burgo.

 

Ao remate da carreira terá lugar un pequeno acto presentado polo noso amigo Xosé Ramón Gayoso, e amenizado por Fernando Pujalte, coa súa discobici “Lili cleta” no que se fará un sorteo de agasallos, donados por entidades colaboradoras, para todos os participantes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress