Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de octubre de 2017 | Leída 20 veces

A mesa educativa e sanitaria sobre violencia de xénero consensúa a programación a realizar nos centros

Contouse con representación do goberno local, CIM, Garda Civil, centro de saúde e centros de ensino da Laracha, Paiosaco e Caión. Os colexios e o instituto acollerán obradoiros para alumnos de 5º e 6º de primaria e de todos os cursos de secundaria ao longo do ano. A 3ª Festa da Igualdade realizarase o 24 de novembro...

[Img #43367]

 

A mesa sectorial de coordinación en materia de violencia de xénero nos sectores da sanidade e do ensino reuniuse no Concello da Laracha nunha xuntanza presidida pola directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha, Ana Aldao, e na que estiveron presentes dous axentes do posto da Garda Civil da Laracha, o médico-coordinador do centro de saúde, o director do CEIP de Caión e as directoras e orientadoras dos colexios da Laracha (CEIP Otero Pedrayo) e Paiosaco (CEIP Alfredo Brañas) e do IES Agra de Leborís.

 

O asunto principal da reunión foi consensuar os diferentes programas que sobre esta materia se desenvolverán durante o curso escolar 2017-2018 nos centros de ensino baixo a coordinación do CIM e nos que participará todo o alumnado de 5º e 6º de primaria e dos catro cursos de secundaria.

 

Neste ano o contido centrarase na resolución de conflitos, nas habilidades sociais e na mediación entre iguais. Ademais, contarase coa colaboración dos profesionais do centro médico no desenvolvemento de actividades relacionadas coa saúde, tales como a alimentación e nutrición dos nenos e adolescentes. Independentemente das temática a tratar, todos os programas levaranse a cabo desde o principio básico da transversalidade de xénero.

 

Por outra banda, a terceira edición da Festa da Igualdade celebrarase o venres 24 de novembro (na véspera do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres). Os alumnos de 5º e 6º de primaria dos tres colexios do municipio concentraranse no pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, onde realizarán actividades lúdicas e xogos cooperativos relacionados co respecto, a corresponsabilidade, a igualdade de oportunidades e a tolerancia cero coa violencia.

 

Por último, revisáronse os mecanismos de coordinación entre os profesionais representados nesta mesa no caso de detectarse situacións relacionadas coa violencia de xénero, concluíndo que a evolución dos mesmos está a ser moi positiva grazas a implicación de todos os membros.

 

A mesa sectorial sobre asuntos relacionados coa sanidade e educación en materia de violencia de xénero reúnese con carácter trimestral e a próxima xuntanza quedou fixada para o vindeiro día 15 de xaneiro. É preciso lembrar que a Mesa de traballo sobre coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero está subdividida en dúas mesas sectoriais. A outra (ademais da educativo-sanitaria), a de coordinación policial, está convocada para o mediodía do luns 16 de outubro.

 

Desde o Concello da Laracha queremos mostrar o noso pleno agradecemento a todos os sectores profesionais representados nestas mesas sectoriais e a súa total disposición para traballar xuntos na loita contra a lacra social da violencia de xénero, labor no que o noso municipio é un referente en Galicia polas iniciativas que se levan a cabo ao longo de todo o ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress