Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de octubre de 2017 | Leída 31 veces

Josefa Velo, a persoa de maior idade do concello da laracha, celebrou o seu 105 aniversario

Na súa vivenda do lugar de Curros (Soandres). O alcalde agasallouna cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome do Concello da Laracha...

[Img #43356]

 

Nesta pasada fin de semana Dona Josefa Velo Amor celebrou o seu 105 aniversario na vivenda do lugar de Curros (parroquia de Soandres) na que reside con María (filla), Manuel (xenro) e Ángel (neto).

 

Nesta data tan especial, Josefa recibiu as felicitacións do sacerdote da parroquia de Soandres, D. Manuel Mallo, e do alcalde, José Manuel López Varela que, tal e como é habitual, agasallouna cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome do Concello da Laracha. Tamén estiveron presentes a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, e o edil Alberto Fuentes, natural de Soandres

 

Josefa Velo, que ten tres netos e tres bisnetos, é a persoa de maior idade das case 11.500 que residen no Concello da Laracha. Actualmente son nove os veciños do municipio que superan o século de vida, oito mulleres e un home.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress