Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de octubre de 2017 | Leída 30 veces

20 persoas serán formadas e mellorarán a súa empregabilidade grazas ao obradoiro que comezou onte

O programa, organizado polos Concellos da Laracha e de Arteixo e financiado pola Xunta de Galicia, terá unha duración de nove meses. José Manuel López Varela: “Os obradoiros de emprego son a opción de formación máis completa que se pode recibir de cara á inserción laboral”. Alfonso Marnotes, Director xeral de Orientación e Emprego: “Todo o que se aprende nos obradoiros de emprego ten percorrido no futuro”...

[Img #43355]

 

Onte comezou a desenvolverse o obradoiro A Laracha-Arteixo: colaborando polo emprego IV, unha nova iniciativa impulsada por ambos municipios e co financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia na procura de tres obxectivos fundamentais: mellorar a empregabilidade dos vinte participantes, crear postos de traballo e mellorar as infraestruturas públicas de titularidade municipal.

 

Nesta ocasión o programa terá unha duración de nove meses, nos que dez alumnos traballadores participarán na especialidade de xardinería e outros dez farano no módulo de traballos de carpintería e moble. Todos eles terán a posibilidade de adquirir os coñecementos teóricos e prácticos da súa especialidade, realizar actuacións en instalacións de ambos concellos para acadar experiencia, recibir o certificado de profesionalidade ao rematar con éxito o obradoiro e acceder a un posto de traballo remunerado neste tempo de aprendizaxe e formación.

 

O equipo directivo, docente e administrativo está formado por un grupo de cinco persoas: directora, mestres de cada especialidade, ensino básico e un auxiliar administrativo.

 

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Promoción Económica de Arteixo, Patricia Amado, e o Director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes, presidiron o acto de presentación deste obradoiro de emprego, aproveitando a ocasión para coñecer e saudar persoalmente aos alumnos, equipo directivo e persoal docente.

 

Como anfitrión, José Manuel López Varela, abriu a quenda de intervencións dándolles os parabéns ás vinte e cinco persoas que forman parte do proxecto. O rexedor larachés salientou as experiencias satisfactorias das anteriores iniciativas similares organizadas con Arteixo, considerando que “os obradoiros de emprego son a posibilidade de formación máis completa que se pode recibir de cara á inserción laboral”, polo que os participantes “estades ante unha oportunidade única e extraordinaria”. Tamén fixo referencia ao interese comunitario do obradoiro de emprego polas obras públicas que se van levar a cabo e concluíu agradecendo “o esforzo da Xunta de Galicia” para continuar poñendo en marcha proxectos destas características.

 

Patricia Amado animou aos alumnos traballadores a “aproveitar a oportunidade” e que o resultado dos nove meses deste obradoiro de emprego sexa “positivo para vós e tamén para o entorno no que actuaredes”.

 

O Director xeral Orientación e Promoción Laboral afirmou que a Xunta de Galicia selecciona para o seu financiamento os obradoiros de emprego “mellor programados” entre todos os presentados, incluíndo neste categoría o que promoven os Concellos da Laracha e de Arteixo. Animou aos participantes a “empezar ilusionados esta nova etapa, implicarvos e aproveitar esta oportunidade”, xa que “todo o que aprendades agora terá percorrido no futuro”. José Alfonso Marnotes asegurou que “nós estamos aquí por vós, porque temos que apostar por formar en traballos que sexan útiles” e concluíu desexando “sorte para todos e que dentro de nove meses volvamos atoparnos para falar de que este obradoiro de emprego foi un éxito”.

 

Tal e como se fixo nos anteriores obradoiros de emprego organizados entre os Concellos da Laracha e de Arteixo, a parte teórica desenvolverase integramente no novo edificio administrativo larachés, instalación que tamén será obxecto dunha intervención na parte práctica, xa que está previsto realizar as divisións interiores das plantas superiores. O outro punto de actuación na Laracha será o paseo fluvial do río Vilán, na parroquia de Cabovilaño. En Arteixo os labores centraranse exclusivamente no parque de Monticaño.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress